13 MEDALLAS PARA OS DEPORTISTAS GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL
Este pasado fin de semana tivo lugar o Torneo Internacional Jóvenes Promesas nas categorías U17, U20 e U23. En total acadáronse 3 Ouros, 2 pratas e 8 bronces.
Os Galegos, tiveron unha actuación moi destacada, axudando a que as 3 seleccións nacionais acadasen o primeiro posto neste prestixioso torneo, onde participaron finalemente 9 países.
En esta competición agrupáronse algúns pesos de competición, o que aumentou a dificultade do mesmo. Xuntando nas categorías de peso a varios campións de España.
O groso do grupo está formado polos deportistas becados no CGTD de Pontevedra, que adestran as ordes de Rubén Méndez e Marcos Miragaya.
Esta competición forma parte do proceso de selección para participar nas citas nacionais e internacionais que veñen a continuación, como é o caso do torneo internacional de Rumanía na categoría U17.
MOD. | U17 resultados | U20 resultados | U23 resultados | NOMBRE | APELLIDO | CLUB |
LO | 3º | 5º | MOISES | BELLO | SAN IGNACIO | |
LO | 5º | JOEL | CASTRO | CAMBADELA | ||
LF | 3º | CARMEN | NAVEIRO | PONTEVEDRA | ||
LO | 5º | DAVID | GONZÁLEZ | SABARIS | ||
LO | 1º | KEVIN | CUBA | VILALBA | ||
GR | 1º | 4º | CARLOS | GREDIAGA | ATILA | |
GR | 5º | 5º | XACOBE | ÁLVAREZ | SAN IGNACIO | |
TEC | PABLO | PINTOS | TÉCNICO | |||
GR | 3º | RAFAEL | BORRAJO | ATILA | ||
GR | 2º | 3º | ALEX | SILVA | KELTOI | |
LO | 5º | 6º | YASSINE | FOUZI | KELTOI | |
LO | 1º | 5º | ALESSANDRO | IEMMA | CIUDAD DE VIGO | |
LO | 3º | 3º | IAGO | FERNÁNDEZ | PONTEVEDRA | |
LO | 2º | SAÚL | BELLO | SAN IGNACIO | ||
LF | 3ª | 3ª | CANDELA | CASTRO | ATILA | |
TEC | RUBÉN | MÉNDEZ | TÉCNICO | |||
TEC | MARCOS | MIRAGAYA | TÉCNICO |
Tras esta competición os deportistas de Loita Grecorromana e Libre Femenina permanecerán concentrados no CTD Infanta Cristina de Los Alcázares durante unha semana. Os deportistas de Loita Libre Olímpica, permanecerán concentrados no CAR de Madrid durante esta semana, mellorando a súa preparación.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios