ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña volve a financiar as actividade do programa DINAMIZACIÓN DAS LOITAS OLÍMPICAS NO TECIDO EDUCATIVO E DEPORTIVO DA PROVINCIA DE CORUÑA.
A Federación Galega de Loita, volve a ofertar as actividades de promoción nos centros educativos, así como a axuda os Clubs da provincia, para dinamizar as Loitas Olímpicas.
Tras a campaña do pasado ano, onde achegamos o deporte a mais de 2.000 alumnos e alumnas de primaria e secundaria, neste novo ano, é unha continuación do programa que tanto éxito obtivo. Así como a boa valoración dos docentes e Clubs da provincia.
Sen comentarios