Sin categoría

PRESENTACIÓN DO CTO. DE EUROPA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

Pontevedra acolle o Campionato de Europa júnior de Loitas Olímpicas 2019, como un fito histórico para as Loitas Olímpicas en España. As probas terán lugar no Pavillón Municipal do 3 ó 9 de Xuño.

 

Tras unha serie de longos procesos de selección, que comezaron no ano 2017 e se oficializou a candidatura no ano 2018, agora temos a oportunidade de vivir en primeira persoa unha cita continental de primeiro nivel.

 

Esta é a primeira vez que se organiza en España este evento cos novos sistemas de selección. Cabe recordar que xa se celebrou un campionato do mundo júnior no ano 1991 (Barcelona), pero sen fase de selección, como proba de experiencia de cara a os XXOO Barcelona 1992.

 

Nesta cita do 2019, os datos de Pontevedra, melloran os de Roma 2018. Temos un total de 800 inscritos, que pertencen a 37 países para as 3 modalidades deportivas postas en liza:

 

  • Loita Grecorromana: que se disputará do 03 ó 05 de Xuño.
  • Loita Libre Feminina: que se disputará do 05 ó 07 de Xuño.
  • Loita Libre Olímpica: que se disputará do 07 ó 09 de Xuño.

 

A cidade de Pontevedra terá garantida a presenza durante unha semana de preto de 1.500 persoas, entre competidores, técnicos, árbitros e acompañantes, que poderán gozar non só da parte deportiva, se non que tamén poderán gozar do atractivo turístico da Boa Vila.

 

A Selección Española participará con 30 deportistas, 10 en cada modalidade deportiva, dos que 3 serán representantes Galegos, e todos pasaron ou continúan becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o que tamén temos que engadir a convocatoria de 1 árbitro internacional:

  • Nerea Pampín Blanco: participará en -65kg, pertencente o Club Keltoi de Vila de Cruces.
  • Carlos Yobani García: participará en -65kg, pertencente o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
  • Santiago Sánchez: participará en -86kg, pertencente o Club Keltoi de Vila de Cruces.

Como representante Galego no colectivo arbitral de primeiro nivel, está convocado:

  • Marcos Araujo Pereira do colexio da Federación Galega e pertencente o Club San Ignacio de Vigo.

 

Estes deportistas están adestrando as ordes de Alexander Kachelae, Marcos Miragaya Lama no CGTD de Pontevedra, e no caso de Carlos Yobani está dirixido por Iván Castro nas instalacións do seu Club en Vilalba (Lugo). Ambos técnicos, participarán neste Europeo como técnicos nacionais, para dirixir os seus deportistas.

 

Agradecer que tanto as institucións como o tecido asociativo deportivo, se volcaron con este evento e puido consolidarse como a cita histórica mais importante de todo o territorio nacional, na historia do noso deporte, agás dos XXOO de Barcelona 1992.

 

O traballo conxunto entre a Federación Española, dirixido por Don Francisco Iglesias e a Federación Galega de Loita dirixida por Don Jose Luis Olazabal, consolidou este proxecto.

 

Poñer en valor o traballo das 3 administracións públicas que conforman o COMITÉ ORGANIZADOR sen as que non se podería ter acadado este fito histórico. O Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte que apostaron por unha modalidade deportiva en franca expansión, postulándose a nivel internacional, Pontevedra e Galicia, como un referente deportivo, cultural e turístico. A dimensión deportiva e social que se trata de consolidar dende as diferentes administracións públicas, ten un retorno económico e deportivo a curto e medio prazo moi consolidado. Deporte, cultura e turismo van da man, nestes grandes eventos, que abren Galicia o resto do mundo.

 

Pablo Pintos, director do proxecto cualifica este evento como “cita histórica que está espertando un interese moi notable entre os países estranxeiros, os propios Clubs Galegos e sobre todo polos deportistas que se poden achegar a unha cita continental de primeiro nivel, moi preto da súa casa”, “agardamos que a organización de grandes eventos, continúe na liña de traballo da Federación Española e da Federación Galega”.

logo-vector-diputacion-la-coruna
Anterior

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

4E47EE62-12BD-4FFE-AC07-8819EEE6B615
Seguinte

RESULTADOS TORNEO SAN IGNACIO DE VIGO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>