Sin categoría

70 DEPORTISTAS CONVOCADOS NA CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN NO CGTD.

Os 70 mellores deportistas Galegos das tres modalidades Olímpicas, participaron durante o sábado 3 de Decembro na concentración Autonómica de Tecnificación deportiva de Loitas Olímpicas nas instalacións do CGTD de Pontevedra.

 

As xornadas de formación das categorías previas a absoluta, son as mais importantes do noso calendario. Falamos de dar forma o talento deportivo, axudando e orientando os mais novos.

Estiveron presentes na convocatoria os 70 mellores deportistas Galegos das categorías previas a absoluta das 3 modalidades Olímpicas: Loita Libre Feminina, Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana.

A xornada de traballo estivo dirixida polos distintos seleccionadores Galegos, que aportaron o seu grao de area, nesta tarefa. Alfredo Marcuño (Deportista Olímpico en Seúl 1988) traballou como seleccionador escolar de Loitas Olímpicas, Eladio Bello (Seleccionador Loita Feminina) continuou co seu traballo de promoción e formación das categorías femininas, Rubén Méndez (seleccionador Loita Grecorromana), continua coa formación dunha especialidade que está sumando adeptos na nosa comunidade, Marcos Miragaya (técnico do grupo de rendemento do CGTD), traballou coas categorías de Loita Libre Olímpica o igual que Pablo Pintos (D.T. da Federación Galega).

A xornada de tecnificación estivo acompañada dunha charla do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, na que se explicaron os últimos cambios no regulamento de Loitas Olímpicas.

Este tipo de concentracións enmarcadas dentro de xornadas de formación, serán a liña de traballo a seguir de cara a prepara as diferentes seleccións Galegas para os Campionatos de España de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, que terán lugar no mes de Marzo na cidade de Pontevedra.

Agradecer a colaboración da dirección do CGTD de Pontevedra, nas facilidades para utilizar as instalacións durante a concentración e a xornada de formación.

curso-arbitro-nacional
Anterior

CLINIC DE ARBITRAXE NACIONAL

ruben-mendez-dando-indicacions
Seguinte

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CLINIC DE ARBITRAXE NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>