Sin categoría

7 DEPORTISTAS E 2 TÉCNICOS REPRESENTARÁN AS UNIVERSIDADES GALEGAS NO CEU DE LOITAS OLÍMPICAS

Este vindeiro sábado 22 de Abirl, terá lugar en San Javier (Murcia), os Campionatos de España Universitarios de Loitas Olímpicas, onde estarán representadas as 3 Universidades Galegas.

Temos que poñer en valor a implicación das 3 Universidades Galegas, que estarán presentes nesta cita nacional: A Universidade de Vigo con 4 deportistas e 1 técnico, a Universidade de Santiago de Compostela con 1 técnico e 2 deportistas e a Universidade da Coruña con 1 deportista, conformarán a expedición Galega a San Javier (Murcia).

Nesta cita haberá nomes propios con moito peso a nivel nacional:

A Universidade de Vigo leva o mellor equipo posible para acudir a esta cita: Cristina Alves en 53 kg (actual subcampioa de España júnior), Lydia Pérez en 63 kg (actual campioa de España júnior, sénior e SUB23), Noelia Lalín en 75 kg (actual campioa de España absoluta) e Pablo García en 70 kg (actual subcampión de España absoluto). O fronte de este equipo estará Marcos Miragaya que aspira a igualar a participación do ano anterior da UDV, que acadou o subcampionato de España.

A Universidade de Santiago de Compostela estará representada por Iván González en 70 kg (medallista nacional nas categorías previas a absoluta), David Seijo en 80 kg (Medallista nacional nas categorías previas a absoluta) e co Técnico Rubén Méndez (Seleccionador Galego).

A Universidade da Coruña participará con Adrián Imedio en 62 kg (actual campión de España absoluto de Loita Sambo).

Agardamos que todos eles teñan a mellor das sortes.

cartel-2017_1491983545
Anterior

20 GALEGOS ACUDEN O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS DE ELCHE

IMG_3063
Seguinte

A UNIVERSIDADE DE VIGO CAMPIOA DE ESPAÑA LOITA FEMININA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>