FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaTorneo InternacionalTorneos

3 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI DE POLONIA

3 deportistas GALEGOS, foron convocados coas seleccións nacionáis absolutas, para participar no TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI, e a posterior concentración, que terá lugar en Varsovia (POL), do 1 ó 5 de Agosoto.

Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra participará en -62kg, Nerea Pampín do Keltoi de Vila de Cruces en -65 kg e Damián Iglesias Vilela do Club de Loita Touro en -86 kg, serán os 3 representantes GALEGOS.

Info:

https://unitedworldwrestling.org/event/ziolkowski-pytlasinski-poland-open-1

Esta competición, ten como obxectivo preprar os deportistas de cara os campionatos do mundo júnior, SUB23 e absolutos de Loitas Olímpicas de este ano 2019. Temos que recordar, que o mundial sénior de este ano 2019, xa é clasificatorio para Tokio 2020.

A gran ausencia de esta competición será a de Jose Cuba, convocado tras a sua brillante actuación no Gran Premio de España onde se colgou o bronce tras vencer a Puerto Rico e Canadá, pero que continuará a súa preparación de cara o Mundial no seu Club en Vilalba co Sparring Ukraniano Sergey Priadum.

Agardemos que teñan a mellor das sortes.

 

Deportistas Gallegos
Anterior

3 GALEGOS CONVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL DE POLONIA

Seguinte

Esta é a nova máis recente

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>