3 GALEGOS NA CONCENTRACIÓN DO EQUIPO PREOLÍMPICO NACIONAL
Do 22 de Febreiro o 4 de Marzo, 3 deportistas Galegos permanecerán concentrados co equipo preolímpico nacional nas instalacións do Centro de Alto Rendemento (CAR) de Madrid.
As deportistas Galegas: NOELIA LALÍN CANDA (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) na categoría de 75kg e LYDIA PÉREZ TOURIÑO (Club de Loita Pontevedra) na categoría de 58kg, así como DAMIÁN IGLESIAS VILELA (Club de Loita Touro), son os deportistas convocados para participar nesta concentración.
Dos resultados obtidos nesta dura concentración, sairá o equipo nacional para participar no 1º Torneo de clasificación, en Zrenjanin (Serbia), para Rio 2016.
Por outra banda, os 3 deportistas tamén teñen en mente a súa participación no Campionato de Europa SUB-23, que terán lugar en Rousse (Bulgaria), do 22 ó 27 de Marzo.
Sen comentarios