Sin categoría

17 BECADOS DE LOITAS OLÍMPICAS NO CGTD DE PONTEVEDRA

13 deportistas residentes e 4 externos conforman o plantel de deportistas becados na sección de Loitas Olímpicas no CGTD de Pontevedra para este novo curso 2015-16.

Unha profunda renovación nos becados da sección de Loitas Olímpicas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para este curso 2015-16, fortalece a estrutura deportiva da sección de Loitas Olímpicas dirixida polos seleccionadores Galegos: Alexandre Kachelaev (Moscú, 1946) e Marcos Miragaya (Vilalba, 1985).
O grupo de deportistas de tecnificación dirixido por Alexandre Kachelaev, tiveron un ano excelente, sendo campións de España e membros das diferentes seleccións nacionais: Carmen Salgado Ave e Lidia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), Judit Varela e Nerea Pampín (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) así como Omar Rodríguez Martinez (Club de Loita Sabarís). E permanecen como integrantes do grupo de tecnificación como medallistas nacionais Iris Miguelez (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) e Diego Otero (Club de Loita Sabarís).
Por outra banda, os novos becados acreditan un nivel deportivo extraordinario, sendo algúns deportistas membros das diferentes seleccións Españolas de Loitas Olímpicas, convocados durante este ano 2015, como é o caso de Rafael Álvarez e Cristina Rodríguez (Club de Loita San Ignacio), Roberto Díaz Orosa e Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Diego Iglesias Cuevas (Club de Loita El Castro) e Anxo Uzal (Club de Loita Sabarís).
Marcos Miragaya Lama adestrará o grupo de Rendemento composto polo actual campión de España absoluto Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro), e polos medallistas nacionais Pablo García García (Club de Loita Pontevedra), Noelia Lalín (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) e Sara Viéitez Mariño (Club de Loita San Ignacio).
Agardámoslles a todos eles moita sorte nesta nova tempada.

IMG_5503
Anterior

2ª XONADA LIGA GALEGA DE GRAPPLING e MMA

Seguinte

CIUDAD DE VIGO e CLUB SABARÍS CAMPIÓNS TORNEO MEMORIAL

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>