NEREA PAMPÍN E LYDIA PÉREZ CONVOCADAS POLA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA
As deportistas becadas no CGTD de Pontevedra, parten do 2 ó 11 de Marzo a Concentración Internacional no INSEP de París, convocadas coa Selección Nacional feminina.
Esta concentración é preparatoria para os ctos. de Europa que terán lugar no mes de Abril en Zagreb (Croacia). Este comezo de ano, está sendo especialmente denso, para mellorar a preparación das deportistas, de cara a unha tempada marcada polo mundial: clasificatorio para os XXOO de París 2024.
Ambas deportistas estarán acompañadas por Graciela Sánchez (BAL) e a seleccionadora Aurora Fajardo (MAD).
París será a sede da concentración internacional feminina mais numerosa de este primeiro cuarto de ano: tiveron que marcar o límite de prazas, pola gran cantidade de solicitudes recibidas. O deporte volve a estar en movemento e as mulleres están marcando a pauta, neste comezo de tempada.
Sen comentarios