13º COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE DEPORTE BASE
O vindeiro 7 de Outubro terá lugar no pavillón de Oira (Ourense) en xornada de mañá, a 13ª Copa Deputación de Ourense de Loitas Olímpicas de Deporte Base.
Esta actividade terá unha participación de preto de 100 menores, e supón o arranque de tempada para o noso deporte. A competición desenrolarase sobre 3 tapices oficiais, e terá como obxectivo continuar coa formación dos mais pequenos. A comeptición está pensada para deportistas de 4 a 13 anos, con equipos mixtos. O regulamento está adaptado, para atender o desenrolo motor dos participantes. Unha competición por e para os mais pequenos!
Contaremos coa colaboración inestimable do Club de Loita Atila de Ourense, para organizar este importante evento de carácter autonómico.
Agradecer a colaboración da Deputación de Ourense, no financimento de este tipo de iniciativas que axudan o fomento do deporte!
Sen comentarios