VERÓNICA PÉREZ CONVOCADA COMO ÁRBITRA PARA O MUNDIAL DE GRAPPLING E GRAPPLING-GI
A árbitra Galega Verónica Pérez Comesaña, viaxa convocada coa selección Española, como árbitra Española para dirixir os mundiais U15, U17, U20 e máster de Grappling e Grappling-Gi, que terán lugar en Loutraki (GRE) do 1 ó 4 de novembro.
Verónica Pérez será a única colexiada Galega que participe no Mundial, e é unha aposta clara do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, de cara o salto internacional. Os ascensos internacionais, son o mellor indicador do nivel arbitral en Galicia.
A Comunidade Galega é unha das mais activas na formación de novos colexiados e na promoción dos mesmos.
Agardemos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios