LYDIA PÉREZ 7ª CLASIFICADA NO MUNDIAL U23
A Pontevedresa Lydia Pérez, rematou no 7º posto, no Cto. do Mundo U23, celebrado en Budapest (HUN) do 26 de Outubro o 3 de Novembro.
Lydia Pérez, venceu no seu primiro cruce a Avery Ruth CAMERON (CAN), por superioridade técnica de 10-0, amosando unha moi boa preparación.
No segundo cruce, Lydia Pérez caeu fronte a Irina RINGACI (MDA), por un axustado 6-7. A postre, Rignaci acadaría a medalla de bronce da categoría.
Agora Lydia, continua cos seus adestramentos no CGTD de Pontevedra, tendo como próximo obxectivo, unha concentración internacional do 11 ó 15 de Novembro, en Berlín (ALE), para preparar o cto. de España por CCAA.
Os técnicos desprazados a Hungría, Pablo Pintos e Marcos Miragaya, puxeron en valor o traballo de Lydia Pérez, durante o Mundial. Sendo a deportista Española con mellor resultado, na clasificación final.
Sen comentarios