XORNADA DE FORMACIÓN PARA MULLERES EN AS SOMOZAS
O pavillón do CEIP O Marbán, acolleu o taller de defensa persoal, dirixido a mulleres, impartido polo técnico Marcos Carral Suárez, durante a tarde do martes 29 de Xaneiro.
Marcos Carral, traballa como director do CEIP O Marbán de As Somozas, é o profesor de educación física, estando moi implicado en todas as actividades de dinamización deportivas e culturais do centro. Dirixe o Club de Loita Rábade, e ten tempo para colaborar en este taller de autoprotección para mulleres, desenrolado no Concello.
Preto de 30 inscritos, traballaron con Marcos Carral, para coñecer pautas básicas de defensa e sobretodo, compartir unha xornada de traballo entre mulleres coas mesmas inquedanzas.
Os talleres continuarán, e Marcos non descarta abrir un núcleo de adestramento permanente.
Agradecer o esforzo dos organizadores do taller, e a implicación de Carral, neste tipo de iniciativas.
Sen comentarios