LYDIA PÉREZ ÚNICA REPRESENTE FEMININA NO EUROPEO DE LOITAS OLÍMPICAS
A deportista Pontevedresa, Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), que adestra as ordes de Marcos Miragaya, dentro do grupo de rendemento do CGTD de Pontevedra, participará no cto. de Europa de Loitas Olímpicas do 28 ó 30 de Xullo, na cidade de Dortmund (Alemaña).
Lydia Pérez será a única deportista feminina que representará a España na cita continental da categoría júnior en 59kg. Estará acompañada da seleccionadora nacional Antonia Torres, para buscar o mellor resultado posible.
Este é o último ano de Lydia Pérez na categoría júnior. Para a vindeira tempada, só poderá competir na categoría SUB23 e absoluta, o que aumentará o nivel das súas adversarias.
Os 11 títulos de campioa de España, avalan a traxectoria de esta xóven deportista, que tamén brilla na categoría absoluta. Dortmund será unha competición moi dura, pero está ben preparada tras permanecer concentrada durante dúas semanas en Moscú (Rusia), coa selección nacional feminina Rusa.
Estaremos pendentes este xoves 29 de Xuño, día que loitará no Europeo, a nosa representante Lydia Pérez.
Moita sorte!
Sen comentarios