Sin categoría

3 CAPIONATOS GALEGOS O SÁBADO 17 DE FEBREIRO EN LUGO

O Pazo Provincial dos Deportes, será a sede dos campionatos Galegos que serán selectivos para participar nos campionatos de España das diferentes modalidades:

–         –  Cto. Galego U13 e U17 de Loitas Olímpicas: terá lugar de 10:45 a 13:30 horas.

–         –  Cto. Galego de Sambo: de 16:45 a 20:00 horas.

–         –  Cto. Galego de Grappling e Gi: de 16:45 a 20:00 horas.

Hoxe presentouse no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo os campionatos Galegos contando coa presenza de Don Efren Castro, Deputado de Deportes, Don Manuel Otero Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, Don Jorge Bustos, Concejal de Deportes do Concello de Lugo e Don Pablo Pintos, Director Técnico da Federación Galega de Loita e D.A.

A Competición terá lugar en 4 tapices oficiais de Loita, para atender os mais de 200 deportistas que tomarán parte neste evento.

É a primeira vez que Lugo acolle un evento de este nivel e características, coorganizado entre a Fedderación Galega de Loitas Olímpicas e o Club de Loita Lugo.

A competición será retransmitida en streaming, a través da plataforma ZENYTSPORTS, para todo o mundo, co que abriremos o evento e a cidade de Lugo os afeccionados a estes tres deportes.

O Colexio Galego de Árbitros, dirixirá a competición. Este colexio, destaca a nivel  nacional pola cantidade de árbitros que ascenderon a nivel nacional  e polo número de mulleres involucradas no arbitraxe: Galicia está sendo un referente nacional na xestión do arbitraxe.

Participarán un total de 25 Clubes nestes campionatos Galegos, que representarán as 4 provincias Galegas. Os maiores talentos Galegos, daranse cita en Lugo o sábado 17 de Febreiro.

A seguinte gran cita, serán os campionatos de España de Grappling que terán lugar o 24 de Febreiro en Gijón. En canto as Loitas Olímpicas, a súa próxima cita será no mes de Marzo: onde León organizará os Campionatos de España en Idade Escolar do CSD, e o que Galicia, acudirá con un gran volume de deportistas.

Agradecer a implicación da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na cesión do espazo do Pazo Provincial dos Deportes, así  como do Servizo  Provincial dos Deportes de Lugo da Secretaria Xeral para o Deporte e do Concello de Lugo, sen eles, esta competición non tería cabida na nosa cidade.

Durante a presentación, Pablo Pintos salientou a capacidade de Lugo para “albergar eventos de maior calado, que poñan a cidade de Lugo no contexto nacional”, “Dende o ano 1986 non se organiza en Lugo un campionato de España… Fai 38 anos de este evento. Agora Lugo tería a oportunidade de Loitar traer un campionato de España a cidade Lucense”.

CAMPIONATO GALEGO GRAPPLING U20 E ABSOLUTA 2024
Anterior

CAMPIOANTO GALEGO DE GRAPPLING-GI CATEGORÍA ABSOLUTA e U20

Lydia Pérez azul
Seguinte

2 GALLEGAS EN EL CTO. DE EUROPA ABSOLUTO DE LUCHA FEMENINA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>