2 GALEGAS CONVOCADAS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA
As deportisas Lydia Pérez (-62 kg) e Nerea Pampín (-68 kg), participarán coa selección Nacional absoluta do 18 ó 22 de Xaneiro no prestixioso Torneo Internacional Henry Deglane de Niza (Francia).
As deportistas Galegas, formarán parte dos 15 deportistas convocados para este torneo, nun ano especial, co horizonte da preparación de cara a os clasificatorios para os Xogos Olímpicos de Paris 2024.
A deportista Nerea Pampín, está completando a súa primeira tempada como deportista becada no Centro de Alto Rendemento de Madrid, mentres que Lydia Pérez, continua adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!! A por unha tempada histórica…..
Sen comentarios