3 GALEGAS NA CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE BERLÍN
Do 11 ó 15 de Novembro, as deportistas Galegas: Lydia Pérez Touriño do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín Blanco do Club Keltoi de Vila de Cruces e Nerea Iglesias Campos da Escola Ayude de Santiso, participarán na concentración internacional, que a Federación Alemana de Loita, organiza en Berlín.
Esta concentración internacional, só é de LOITA FEMININA, e en ela participan as mellores deportistas júnior do mundo. É unha referencia a nivel internacional. As nosas atletas, viaxan representando a Federación Galega de Loita, como única representación Española en este evento internacional.
De este xeito, a Federación Galega de Loita, continúa coas súas actividades internacionais e de formación das categorías previas a absoluta. Apostando pola continuidade formativa dos seús atletas.
Esta actividade, forma parte da preparación das atletas de cara o campionato de España por Comunidades Autónomas, que terán lugar en Madrid o 15 e 16 de Novembro.
Sen comentarios