LYDIA PÉREZ ACUDE O CAMPIONATO DO MUNDO SUB23 DE LOITAS OLÍMPICAS
A deportista Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, será a única representate feminina no Campionato do Mundo SUB23, de Loitas Olímpicas que terá lugar do 20 ó 25 de Novembro en Bydgoszcz (Polonia).
Lydia Pérez competirá na categoría de 58 kg, de Loita Feminina. A deportista do Lérez, estará acompañada polo seleccionador nacional Luis Crespo, quen tivo a dificil decisión de elexir unha única deportista das 7 campioas de España, para representarnos no mundial. Luis Crespo, é o técnico de Maider Unda, a única deportista nacional que acadou a medalla de bronce nos XXOO de Londres 2008.
A preparación de Lydia Pérez, foi a mellor posible, estando concentrada do pasado 121 ata ó 19 de Novembro no Centro de Alto Rendemento enaltura de Sierra Nevada. Por todo elo, o seu técnico, Marcos Miragaya, amósase confiado na preparación, pero cauteloso, xa que Lydia Pérez aínda é júnior (20 anos), e participará no mundial SUB23, polo tanto será das deportistas mais novas nesta comeptición.
Agardemos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios