POUCA SORTE NO EUROPEO DE LOITA SAMBO, CELEBRADO EN MINSK
O deportista Galego, Adrián Imedio (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tivo pouca sorte no campionato de Europa de Loita Sambo celebrado na cidade de Minsk (Bielorrusia), do 18 ó 23 de Maio, finalizando en 7ª posición na categoría de 62kg.
Adrián caeu en primeira rolda fronte o representante Armenio, quen disputou a final e abriulle as portas a Adrián da repesca polo bronce. Pero en esta nova fase da competición, caeu pola mínima 1-0, contra o representante Francés, quen o afastou definitivamente da competición.
David Fernández (Asturias), acadou a medalla de bronce na categoría de +100kg. Sendo ambos os únicos representantes da selección nacional en Minsk.
Adrián continuará cos seus adestramentos as ordes de Eduardo Carballeira, preparando as súas vindeiras citas deportivas. A súa xuventude permítelle aspirar a metas mais importantes coa selección nacional.
Por outra banda, Carlos Gómez exerceu como árbitro internacional e Antonio Jiménez como seleccionador nacional.
Sen comentarios