FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneo Internacional

2 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL DE SASSARI, EN ITALIA

Os deportistas Galegos: Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra) e Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro), participarán do 25 ó 28 de Maio no prestixioso Torneo Internacional de Loitas Olímpicas de Sassari (Cerdeña, Italia).

Este é un novo paso para recuperar parte das actividades a nivel internacional que está levando a Federación Galega de Loitas Olímpicas, para facilitar a formación dos seus deportistas. Esta competición pode levarse a cabo grazas a coordinación e colaboración entre os deportistas, a Federación Galega e a Federación Nacional, xa que está fora do calendario e os gastos sufráganse entre as tres partes. O bo entendemento entre ambas Federacións nos últimos anos, propician este tipo de actividades conxuntas.

A Italia acude un combinado nacional composto por: Loita Libre Olímpica: Rafael Mota (AND), Airán González (CAN), Juan Pablo (MUR), Pablo Díez y Carlos Lomba (BAL), Damián Iglesias (GAL). Loita Grecorromana: Daniel Bobillo, Miguel Lomba e Ismael Navarro (BAL). Loita Feminina: Eugenia Bustabad (VAL), Graciela Sánchez (BAL) e Lydia Pérez (GAL).

Tras esta dura competición, a deportista Galega Lydia Pérez Touriño, permanecerá 5 días na concentración internacional posterior o torneo, co fin de preparar a súa participación no campionato de Europa júnior de Loitas Olímpicas que terá lugar en Dormund (Alemaña) a finais de Xuño.

Adrián Imedio 1º Dcha
Anterior

POUCA SORTE NO EUROPEO DE LOITA SAMBO, CELEBRADO EN MINSK

Momento de la competición
Seguinte

RESULTADOS XORNADA NORTE LIGA DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>