NADYA ZHOLTIKOVA VIAXA O MUNDIAL U17 COA SELECCIÓN ESPAÑOLA U17
A deportista Nadya Zholtikova viaxa coa selección Española U17 o Mundial que terá lugar en Atenas (Grecia), do 28 de Xullo ó 3 de Agosto.
A deportista becada no CGTD de Pontevedra Nadya Zholtikova, tras unha boa actuación no campioanto de Europa U17, gañou a súa clasificación para participar no Mundial U17. Nadya adestra no CGTD de Pontevedra co grupo dirixido por Rubén Méndez e Marcos Miragaya, sendo unha referente nacional da súa categoría.
Nadya é orixinaria de Ukraina, pero vive en Pontevedra dende fai dous anos, tras a escalada bélica. Cada verán regresa a casa, para estar coa súa familia que permanece alí. Este verán tras finalizar a súa estadía no CGTD, voltou a casa e adestrou no seu club de orixe, onde continua adestrando ata o viaxe programado a Grecia.
A data marcada no calendario para o seu debut será o xoves 31 de xullo, onde saltará os tapices do mundial na categoría de -53 kg. Agardemos que teña a mellor das sortes!!!!
Sen comentarios