CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE
Este vindeiro sábado 18 de Xaneiro, terá lugar o CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE para Grappling e Grappling-Gi, no complexo deportivo da Universidade de Santiago de Compostela.
O Colexio Galego de Árbitros, dirixirá esta actividade formativa, para impulsar as modalidades de Grappling e Grappling-Gi, así como formar a árbitros especialistas nas mesmas.
A boa relación co Colexio Nacional de Árbitros, facilita que os participantes podan optar os ASCENSOS como árbitros noveles a nivel nacional.
Preto de unha treintena de novos árbitros daranse cita este sábado 18 de Xaneiro.
#maisemellordeporte
Sen comentarios