CAMPIONATOS GALEGOS DE GRAPPLING: DOMINGO 5 DE OUTUBRO EN FERROL
Os Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING que terán lugar o domingo 5 de Outubro do 2025, no pavillón municipal do Ensanche de Ferrol, para as categorías:
- Sénior. XORNADA DE MAÑÁ.
- Veterano: XORNADA DE MAÑÁ
- Cadete (U17). XORNADA DE MAÑÁ.
- Escolar (U15). XORNADA DE MAÑÁ.
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
COMPETICIÓN SÉNIOR e VETERANO: GRAPPLING.
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 1 de Outubro ás 12.00 horas.
- Os deportistas só se poderán inscribir en unha das dúas competicións (ou sénior, ou veterano). No caso de que en un peso de veterano so teñamos un deportista, este será incluído na categoría sénior (no seu peso).
- Control de peso: de 8:30 a 9:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 5 de Outubro de 9:30 a 14:00 horas.
- Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
COMPETICIÓN U17 e U15: GRAPPLING
- Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores antes do mércores 1 de Outubro ás 12.00 horas.
- Control de peso: de 8:30 a 9:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 5 de outubro de 9:30 a 13:30 horas.
- Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
- ÍNSCRIPCIÓN: En la web de https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
- Tapices: 4 tapices.
- Lugar: Pavillón do Ensanche de Ferrol.
- https://share.google/dEP2I5F0yCC22gcJ6
- As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
- Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados, na suma total de puntos de cada competición: SÉNIOR + VETERANO e por outra banda U17 e U15.
- No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
- A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.
Agardámosvos a todos!!!!
Sen comentarios