RECEPCIÓN O MELLOR DEPORTISTA GALEGO
O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Don Diego Calvo Pouso e o Secretario Xeral para o Deporte, recibiron en San Caetano a Jose Cuba Vázquez por acadar o seu 20º campionato de España absoluto de Loitas Olímpicas.
Jose Cuba asisitiu a esta recepción acompañado do presidente da Federación Galega de Loita e D.A. Don Jose Luis Olazabal Ibars, que puxo en valor todo o traballo que hai detrás de este éxito. O apoio das institucións o Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, foi fundamental para cimentar o éxito do loitador Vilalbés.
Jose Cuba é o deportista nacional máis laureado nos Ctos. de España, sendo durante 20 anos o monarca dos 125kg en Loita Libre Olímpica.
Felicidades!
Sen comentarios