MATRICULAS DEPOESCOLAS CURSO 2022/23. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Como cada ano, continuamos a formar parte das actividades da Deputación de Pontevedra a través das DEPOESCOLAS.
Para matricularse nas DEPOESCOLAS na modalidade de LOITAS OLÍMPICAS, os pais/nais/titores legais, deben completar o formulario que se indica a continuación, para solicitar praza nos Clubs/instalacións, onde se ofertan as actividades.
As actividades das DEPOESCOLAS garanten 1 hora de clase gratuíta semanal para todos/as os/as deportistas que queiran iniciarse neste deporte, así como o seguro de accidentes deportivo obrigatorio (Lei 3/2012 do Deporte de Galicia).
Esta actividade está dirixida a rapazas e rapaces dende os 6 ata os 16 anos. En caso de menores de 6 anos, debedes consultar directamente cos Clubs, a posibilidade de que podan participar dentro das actividades deportivas.
Para matricularse premer no seguinte enlace:
Sen comentarios