PREMIOS VIDE: VIGO EN DEPORTE
A Federación Galega de Loita e D.A. propuxo como mellores deportistas de Vigo e a súa comarca, para a Gala do Deporte a:
– David González Silva, como mellor deportista promesa. O xoven loitador do Club de Loita Sabarís, becado no CGTD de Pontevedra, é actualmente medallista nacional júnior e U23. Forma parte do grupo de tecnificación da Federación, e ten unha proxección nacional moi boa.
– Sara Vieitez Mariño, como mellor deportista. Sara fixo historia no noso deporte o acadar 2 medallas de bronce nos campionatos de Europa absolutos de Grappling e Grappling-Gi celebrados en Roma no 2020. Sara Vieitez, estivo becada no CGTD de Pontevedra e no CAR de Madrid. Actualmente posúe o recoñecemento de Deportista de Alto Nivel polo CSD.
– Roberto Estévez Álvarez, como MENCIÓN ESPECIAL. Roberto Estévez a parte de ter acadado o longo da súa dilatada carreira deportiva varios campionatos de España absoutos de Loitas Olímpicas, é o único deportistas Español en ser duas veces campión do mundo Máster de Loitas Olímpicas. Toda unha vida adicada o deporte.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!!
Sen comentarios