XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS
O Concello de Lugo, na súa Casa do Deporte, acollen este vindeiro sábado 27 de Maio, a Xornada Norte da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, en xornada de mañá.
Os Clubs Clasificados para esta xornda norte son:
- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Melide, Club de Loita Lugo e Club Atila de Ourense.
Esta xornada está pensada como competición adaptada para os mais pequenos. As categorías postas en liza son: Prebenxamín, Benxamín e Alevín. Todos eles dende os 6 os 13 anos.
A competición será por equipos, tanto en categoría masculina como feminina, incentivando a inclusión das Loitas Olímpicas como deporte impulsor da igualdade social.
Sen comentarios