FINALIZA O CURSO DA UWW PARA TÉCNICOS EN MADRID
Finaliza con éxito o curso de Adestrador Internacional de Loitas Olímpicas Nivel 1 celebrado nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid.
Este curso foi organizado pola Federación Española de Loita en colaboración directa coa United World Wrestling, grazas o programa de Solidariedade Olímpica do COI e do COE. O formador foi Luis Fontes (Portugal) quen organizou e dirixiu a formación. Cabe destacar que practicamente todas as Federacións Autonómicas estiveron presentes, o que garantiza que chegue a cada comunidade as novas tendencias da ensinanza en Loitas Olímpicas.
Sen comentarios