FEGALOITA » MMA https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Wed, 07 Jun 2023 15:22:25 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.38 CAMPIONATO GALEGO DE MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:39:11 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2664 Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego categoría Sénior de MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • Durante o Cto. Galego de MMA, levaránse a cabo varios combates de suficiencia, FORA DE COMPETICIÓN, de Grappling-Gi:

Regulamento Grappling-Gi: 

http://www.felucha.com/components/com_remository_files/downloads/reglamento-nacional-de-grapplingjunio2017_1508138921.pdf

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:29:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2661 O vindeiro sábado 16 de Novembro, terá lugar na cidade de A Coruña, o campionato Galego de Grappling e MMA no pavillón municipal de Labañou, valedeiro para participar no campionato de España das modalidades.

Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego das CATEGORÍAS BASE e SÉNIOR de Loita Grappling e MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: categorías base e sénior de Grappling. Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Data de inscrición: antes das 12:00 horas do venres 8 de Novembro de 2019.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • Grappling:  De 10:00 a 13:30 horas. Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e bronce para o terceiro clasificado.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirán medallas.
  • Tódolos participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/feed/ 0
CAMPIONATO DE GRAPPLING e MMA EN PORRIÑO https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/ https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/#comments Tue, 17 Sep 2019 10:45:26 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2616 O vindeiro sábado 28 de Setembro, o concello de Porriño acolle o cto. de Grappling e MMA, que terá lugar durante as FESTAS DO CRISTO, na praza ANTONIO PALACIOS do Concello.

Esta actividade orientada a iniciación dará cabida a todos os inscritos nos diferentes grupos de idade, fomentado estas modalidades deportivas dentro das escolas do concello de Porriño.

Esta competición será o pistoletazo de saída da nova tempada deportiva 2019/20.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-de-grappling-e-mma-en-porrino/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA. SÁBADO 4 DE FEBREIRO EN A CORUÑA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/#comments Fri, 20 Jan 2017 09:40:15 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1443 A Coruña acollerá o campionato Galego de Grappling e MMA o vindeiro sábado 4 de Febreiro, no frontón da cidade deportiva da Torre (A Coruña).

O Campionato Galego será en categoría absoluta, tanto para a categoría masculina como para a feminina. Os mellores Clubs Galegos daránse cita nesta competición coas vistas postas nos campionatos de España do 2017, que terán lugar en Cáceres.

Moitos dos deportistas que participan nesta cita, teñen unha ampla experiencia tanto a nivel autonómico como a nivel nacional, polo que as medallas están cada ano mais caras para todos os deportistas.

Temos que agradecer a colaboración do Concello de A Coruña, xa xestión da instalación, así como do Club Graiño na coorganización do evento e dos patrocinadores que fan posible este campionato Galego.

Toda a información do campionato está neste link.

Así como a folla de inscrición.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-sabado-4-de-febreiro-en-a-coruna/feed/ 0
CLINIC NACIONAL DE ARBITRAXE https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/ https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/#comments Mon, 19 Dec 2016 10:33:26 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1419 A Federación Galega de Loita e D.A. organizou xunto coa Federación Española un Clinic Nacional para árbitros nas instalacións do CGTD de Pontevedra o pasado sábado 17 de Decembro.

 

Este foi o segundo clinic nacional que se organizou nas instalacions do CGTD de Pontevedra durante este mes de Decembro. A colaboración entre a Federación Galega e a Federación Nacional de Loitas Olímpicas continua a dar novos froitos en canto a organización de eventos deportivos e formativos.

Este novo Clinic de ascenso a árbitro nacional tivo como obxectivo a formación de novos colexiados e a especialización dos existentes para as modalidades de Loita Grappling e MMA. O aumento das actividades formativas o longo do ano, atende a unha clara liña de traballo de calidade da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. Por outra banda, o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, está a facer un profundo traballo de renovación e reciclaxe entre os membros do mesmo. Cada vez son mais as actividades específicas para cada unha das modalidades deportivas que se están a organizar dentro do calendario deportivo anual.

Por outra banda, temos que agradecer a colaboración do CGTD de Pontevedra na cesión das instalacións e do Concello de Pontevedra, moi vinculado coas actividades deportivas e formativas.

Os encargados de dirixir o Clinic nacional foron Ángel Amor e Carlos Fabián Tihebaut, ambos árbitros de máximo nivel. A Federación Galega continuará organizando eventos formativos de este calado para o próximo ano 2017.

]]>
https://www.fegaloita.es/clinic-nacional-de-arbitraxe/feed/ 0
GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE LOITA GRAPPLING https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/ https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/#comments Wed, 09 Mar 2016 10:49:28 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1064 3 Ouros, 6 pratas e 5 bronces, son as preseas acadadas polos deportistas Galegos no Cto. De España celebrado este pasado 5 e 6 de Marzo en Gijón (Asturias)

Boa actuación dos deportistas Galegos desprazados a Gijón este fin de semana. Os campionatos de España tiveron unha participación moi notable en canto a deportistas. O bo traballo dos Clubs Galegos quedou patente nunha competición moi reñida entre as comunidades con maior tradición deportiva.
Felicitar os deportistas e os seus clubs polo traballo levado a cabo. Agora solo agardamos as convocatorias dos equipos nacionais para os campións de España.
O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, estivo representado por varios colexiados, tendo a cabeza dos mesmo o árbitro internacional Don Ángel Amor Villar, e os árbitros nacionais: Carlos Fabián Theibaut, Catalina Soage e Miguel González.

Todos os resultados aquí.

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/feed/ 0
CTO. ESPAÑA DE GRAPPLING, GRAPPLING-GI, MMA e SAMBO https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/ https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/#comments Fri, 04 Mar 2016 09:31:28 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1060 Este vindeiro sábado 5 e domingo 6 de Marzo Gijon acolle os campionatos de España de Sambo, Grappling, Gi-Grappling e MMA.

Galicia acode a esta cita nacional con un total de 28 inscripcións de deportistas, 1 seleccionador, 1 delegado e 4 árbitros. O equipo Galego estará composto por (seleccións completas):
– Gi-Grappling masculino: 2 deportistas.
– Grappling feminino: 1 deportistas.
– Grappling masculino: 15 deportistas.
– MMA masculino: 5 deportistas.
– Sambo masculino: 7 deportistas.
– Sambo feminino: 1 deportista
Don David Graiño Lema acude como seleccionador Galego, tendo claro que loitarán por todas as medallas posibles, pero que o groso do equipo estará presente na modalidade de Grappling.
A selección Galega aspira a estar no podio nas 6 modalidades deportivas que se disputan este fin de semana, continuando coa liña de anos anteriores nos que sempre tivo un lugar no podio nacional.
O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, estará representado por varios colexiados, tendo a cabeza dos mesmo o árbitro internacional Don Ángel Amor Villar, e os árbitros nacionais: Carlos Fabián Theibaut, Catalina Soage e Miguel González.
Agardámoslles as mellores das sortes.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/feed/ 0