Deixamos toda a información sobre a celebración da XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICA que terá lugar o vindeiro sábado 9 de Maio en A Estrada.

  • Día: sábado 9 de Maio de 2015.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes de A Estrada (Pontevedra).
  • Hora de chegada dos equipos: 10:00 horas.
  • Horario da competición: de 10:30 a 13:00 horas.
  • Saída dos deportistas: 13:30 horas.
  • Os clubs participantes, entregaráselle un picnic para cada deportista, adestrador e árbitro, medallas para os deportistas, e trofeos os equipos.

Para unha correcta inscrición dos deportistas, tedes que remitir a Federación por mail, carta ou fax a folla axunta (de preinscrición) debidamente cuberta antes do Luns 4 de Maio as 12:00 horas, para ter unha previsión real do transporte, picnics, e outras necesidades que poidan xurdir.

Os pesos e inscrición definitivos dos deportistas, remitiranse a Federación na mesma folla antes do mércores 6 de Maio as 12:00 horas.
Tras os resultados das xornadas previas, a competición quedará dividida do seguinte xeito:

  • COMPETICIÓN DO 1º ó 6º POSTO
    Club de Loita San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club de Loita Atila de Ourense, Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club Keltoi de Vila de Cruces e Escola Ayude de Melide
  • COMPETICIÓN DO 7º ó 14º POSTO
    Club Kuzushi de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita do Morrazo, Club Auriens de Ourense, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela e Club de Loita Lugo.

Haberá control de peso de todos os deportistas participantes. Como en anos anteriores, o deportista que exceda o seu peso de competición, poderá participar, pero non sumará puntos para o seu club.

Regulamento abreviado das competiciós de Deporte de Base

Inscripción Deporte de Base xornada final

Loita_5
Anterior

11 PRESEAS GALEGAS NOS CAMPIONATOS DO MEDITERRÁNEO

Loita
Seguinte

seminario coitelo e bastón por Felipe Meana

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>