SARA VIEITEZ VOLVE A FASE FINAL DO CTO. DE ESPAÑA DE MMA
A deportista Viguesa, SARA VIEITEZ MARIÑO, disputará este vindeiro sábado 25 de Xullo, a final do Campionato de España de MMA, que terá lugar en Madrid.
Sara Vieitez, competirá na categoría de -53 kg, este vindeiro sábado no pavillón POLIDEPORTIVO DE SAN AGUSTÍN (Madrid) a partir das 19:30 horas da tarde. Esta velada servirá para decidir os campións de España de MMA. Sara Vieitez é a actual campioa de España da categoría, e aspira a renovar o título, acadado o ano pasado en Puerto Banús (AND).
A deportista Viguesa, tamén acadou unha dobre medalla de bronce nos campioantos de Europa de Grappling e Grappling-Gi en Roma 2019. Agora segue coa súa impecable traxectoria en MMA.
Como técnico Galego viaxa Manuel Permuy (Ferrol), que acompañará a deportista como adestrador para dirixir a fase final de estos campionatos de España.
Agardemos que teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios