2 ouros, 5 pratas e 4 bronces, é o resultado final da participación Galega nos Ctos. Do Mediterráneo de Loitas Olímpicas, celebrados este pasado sábado e domingo no pavillón exterior do CSD de Madrid.

Gran actuación dos deportistas Galegos convocados pola Federación Española para participar no Cto. do Mediterráneo de Loitas Olímpicas nas categorías cadete e sénior. Os resultados dos deportistas Galegos axudaron a que as seleccións Españolas de Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana, acadasen o primeiro posto por seleccións, por diante de Grecia, Chipre, Portugal, Italia ou Croacia.

Galicia foi unha das comunidades autónomas que mais deportistas achegou as diferentes seleccións, e os resultados individuais foron:

  • Medallas de Ouro: Judit Varela (Club Keltoi) e Carmen Salgado (Club de Loita Pontevedra).
  • Medallas de prata : Noelia Lalín (Club Keltoi), Roberto Díaz Orosa (Club de Loita Vilalba), Diego Iglesias Cuevas (Club El Castro), Alberto Bermejo (Club de Loita Kuzushi) e Jose Cuba (Club de Loita Vilalba).
  • Medallas de bronce: Lidia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Iris Miguélez (Club Keltoi), Omar Martínez (Club Sabarís), Damián Iglesias (Club de Loita Touro).
  • 4º Clasificados: Nerea Pampín (Club Keltoi), Sara Viéitez (Club San Ignacio) e Pablo García (Club de Loita Pontevedra).

Moi boa actuación dos representantes do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces con: Ángel Amor e Marcos Araujo. O bo traballo dos colexiados Galegos vese recompensado campionato tras campionato, pola confianza amosada pola Federación Española nos representantes Galegos.

Pablo Pintos, director técnico da FGLeDA afirma que “Podemos afirmar que a participación Galega no Cto. do Mediterráneo foi un éxito, de 13 convocados acadaron medalla 11 deportistas”, “Levar o forte da selección a Marcos Miragaya e Nicolás Castro é sempre unha aposta segura”.

 

Anterior

AXUDAS RIO 2016

xornada_final
Seguinte

XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>