Sin categoría

LYDIA PÉREZ CONVOCADA COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA FEMININA

A deportista Lydia Pérez acudirá do 7 ó 18 de Agosto a Helsinborg (Suecia), coa selección nacional absoluta feminina, como parte da súa preparación de cara o campioanto do Mundo absoluto que terá lugar en Belgrado (SRB) do 10 ó 18 de Setembro.

A deportista Pontevedresa tras os últimos éxitos no Gran Premio de España e nos Xogos do Mediterráneo, ten un final de tempada moi apretado de cara a súa cita Mundialista.

Tan só duas mulleres representarán a España no Mundial: Marina Rueda (AND) -53 kg e Lydia Pérez (GAL) en -62 kg. Estarán acompañadas pola seleccionadora Aurora Fajardo.

Esta concentración internacional en Suecia, será unha boa preparación, xa que esté é un país con grandísimos resultados el loita feminina. Lydia Pérez, ten unha boa relación coa Federación Sueca, xa que viaxou en numerosas ocasións para adestrar en este país.

Os técnicos do CGTD, Marcos Miragaya e Rubén Méndez, estiveron traballando estos últimos días de xeito específico, para pulir o traballo técnico da deportista.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

logo-federación
Anterior

PUBLICADAS AS BASES DAS BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CGTD DE PONTEVEDRA

WhatsApp Image 2022-09-03 at 6.19.44 AM
Seguinte

2 GALEGOS NA FINAL DO MUNDIAL DE LOITA PRAIA EN CONSTANZA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>