Este vindeiro sábado 28 de Marzo, celébranse en Madrid os campionatos de España júnior e escolar de Loitas Olímpicas, os que a selección Galega acude con 48 deportistas 5 seleccionadores, 5 árbitros nacionais e 2 delegados.

Tras os éxitos acadados fai dúas semanas nos ctos de España sénior e cadete, Galicia tenta repetir e se cadra mellorar as marcas deportivas das categorías sénior e cadete.

Os 48 deportistas inscritos participarán nas 3 modalidades olímpicas, sendo estas a Loita Libre Olímpica, a Loita Feminina e a Loita Grecorromana.

As seleccións de Loita Feminina, parten como as grandes favoritas a nivel nacional, xa que Galicia acadou fai 14 días o primeiro posto en Loita Feminina nas categorías sénior e cadete. O grande obxectivo de este ano 2015, é “acadar a vitoria por seleccións nas 4 categorías de idade no mesmo ano, algo que ningunha federación autonómica acadou na súa historia”, afirma o Director Técnico da FGLeDA, Pablo Pintos. O seleccionador Galego Eladio Bello “tratará de facer historia na Loita Feminina en España si se cumpre este obxectivo tan ambicioso”.

Por outra banda, a Loita Libre Olímpica, terá como obxectivo subir o podio final por seleccións. A categoría escolar está dirixida polo deportista Olímpico en Seúl 1988, Alfredo Marcuño, quen tratará de sacar o mellor partido dos nosos deportistas. Na mesma tesitura atópase Alexandre Kachelaev, seleccionador Galego e adestrador do CGTD de Pontevedra, que aporta a columna vertebral das nosas seleccións.

Por outra banda, a Loita Grecorromana está en franco crecemento en Galicia, grazas o traballo dos Clubs e a dirección de Rubén Méndez, quén está a formar un grupo de traballo moi estable, en esta disciplina con moito arraigo olímpico, pero con menos tradición en Galicia.

feminino
Anterior

GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS EN LOITA FEMININA E EN LIBRE OLÍMIPICA

Seguinte

8 OUROS, 11 PRATAS E 8 BRONCES. CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>