Concentración en altura para preparar o Cto. De Europa cadete de Loitas Olímpicas nas instalacións deportivas da estación de Cabeza de Manzaneda [Ourense].

Os deportistas da Federación Galega de Loita e D.A. están concentrados durante esta semana nas instalacións deportivas de Cabeza de Manzaneda [Ourense], para preparar os campionatos de Europa cadete de Loitas Olímpicas, que terán lugar do 3 o 8 de Agosto en Subótica [Serbia].

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, da man de Alexandre Kachelaev, continúa producindo novos talentos, sendo este ano 2015 un dos mais prolíficos en canto o número de campións. Dos 7 deportistas Galgos campións de España na categoría cadete, 4 adestran no CGTD e os outros 3 adestran nos seus clubs.

De todos eles tan só 2 viaxarán o cto. de Europa: Carmen Salgado Ave e Omar Rodríguez Martínez, que están adestrando durante esta semana con 3 sparrings cada un para preparar a cita continental.

Os encargados de levar a cabo os adestramentos son Pablo Pintos e Marcos Miragaya, que durante esta semana “corrixirán erros e afinarán a preparación dos deportistas na parte técnica e no control durante a baixada de peso dos deportistas”.

A planificación da preparación dos deportistas pasa por que a vindeira semana ambos deportistas viaxen a vindeira semana o Centro de Alto Rendemento de Madrid para adestrar coa selección nacional, durante a concentración internacional que está tendo lugar en Madrid con preto de 40 países. A boa relación entre a Federación Galega e a Federación Española posibilita que podamos darlle os deportistas este tipo de actividades.

jose_cuba
Anterior

BRONCE PARA JOSE CUBA NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Seguinte

Bolsas de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>