CTOS. DE ESPAÑA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Queremos presentar os CAMPIONATOS DE ESPAÑA ABSOLUTOS DE LOITAS OLÍMPICAS:
- LOITA LIBRE FEMININA.
- LOITA LIBRE MASCULINA.
- LOITA GRECORROMANA.
Por outro lado teremos os Campionatos de España de Praia:
- LOITA PRAIA FEMMININA ABSOLUTA.
- LOITA PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.
- LOITA PRAIA FEMININA U17.
- LOITA PRAIA MASCULINO U17.
- SAMBO PRAIA FEMMININA ABSOLUTA.
- SAMBO PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.
- SAMBO PRAIA FEMININA U17.
- SAMBO PRAIA MASCULINO U17.
Que terán lugar nas instalacións do complexo deportivo Municipal de Santa Isabel o sábado 8 de Xuño en xornada de mañá e de tarde.
A este campionato que se disputará en 4 tapices oficiais de loita, acudirán os mellores deportistas nacionais, representando a cada unha das CCAA. Os resultados finais serán: individuais, por Clubs e por seleccións.
A Federación Galega de Loita en colaboración coa Federación Española de Luchas Olímpicas, o Club de Loita Stellae, o Concello de Santiago de Compostela, e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizarán os campionatos de España con un total de 612 inscricións para todos os campionatos.
Tras o éxito organizativo dos últimos campionatos de España celebrados en Santiago de Compostela nos anos 2021 e 2022, así como o éxito histórico do Cto. de Europa U20 de Loitas Olímpicas do ano 2023, a confianza depositada pola Federación Española, no Concello de Santiago de Compostela, abala o traballo que se ven levando a cabo en Galicia dende hai varios anos.
Nesta edición, o público poderá acceder o pavillón, para gozar do evento mais numeroso de todos os organizados a nivel nacional. Outro ano mais, a competición poderá seguirse online en tempo real, a través da plataforma SCORIZER da Federación Española. De este xeito, todos poderemos gozar da mellor competición de Loitas Olímpicas, a través de calquera dispositivo con enlace a internet.
Este fin de semana os campionatos de España deixarán en Santiago de Compostela, un gran retorno económico e de visibilización do deporte. Unha estimación de mais de 120.000,00€, quedarán en Santiago de Compostela, durante o fin de semana da competición.
A competición desenrolarase en tres xornadas diferenciadas, para separar os deportistas:
- Sábado 08 en xornada de mañá: Cto. De España ABSOLUTO, eliminatorias.
- Sábado 08 en xornada de tarde: Cto. De España ABSOLUTO. Semifinais e finais.
- Domingo 09 en xornada de mañá: Sambo praia e Loita Praia.
Os seleccionadores nacionais estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Españolas, de cara as vindeiras citas continentais e mundiais.
Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia un dos referentes a nivel nacional no deporte feminino.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa, polos 3 árbitros convocados polo COLEGIO NACIONAL DE JUECES ÁRBITROS. Por outra banda, Galicia presenta a 5 novas árbitras para o ascenso a categoría nacional: 5 mulleres, que terán unha oportunidade de amosar a súa valía.
Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo, o Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como a confianza depositada pola Federación Española de Lucha, e os patrocinadores privados que colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.
As seleccións Galegas estarán compostas polo seguintes deportistas:
SELECCIÓN DE LOITAS OLÍMICAS:
SÉNIOR | GR | 77 | GONZALO CAPARRÓS DIÉGUEZ | ATILA |
SÉNIOR | GR | 82 | XACOBE ÁLVAREZ POSADA | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | GR | 82 | PABLO GARCÍA GARCÍA | PONTEVEDRA |
SÉNIOR | LF | 53 | RAQUEL BRAVO GONZÁLEZ | ATILA |
SÉNIOR | LF | 62 | LYDIA PÉREZ TOURIÑO | PONTEVEDRA |
SÉNIOR | LF | 65 | CANDELA CASTRO GREDIAGA | ATILA |
SÉNIOR | LF | 68 | NEREA PAMPÍN BLANCO | KELTOI |
SÉNIOR | LF | 72 | AINE LÓPEZ TRAORÉ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LF | 76 | CRISTINA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 57 | ALESSANDRO IEMMA PLAZA | CIUDAD DE VIGO |
SÉNIOR | LO | 61 | MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 65 | CARLOS SANZ FERNÁNDEZ | LUGO |
SÉNIOR | LO | 65 | XIAO SEOANE | VILALBA |
SÉNIOR | LO | 70 | CARLOS YOBANNI GARCÍA | VILALBA |
SÉNIOR | LO | 70 | SAÚL BELLO ÁLVAREZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 70 | RAFAEL ÁLVAREZ RODRÍGUEZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | 74 | YASSINE FOUZI | KELTOI | |
SÉNIOR | LO | 79 | MOISÉS BELLO ÁLVAREZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 79 | EMMANUEL PETROV | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 86 | MANUEL GARCÍA | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | LO | 92 | IAGO FERNÁNDEZ ALONSO | PONTEVEDRA |
SÉNIOR | LO | 97 | RAMÓN MONASTERIO PORTELA | VILALBA |
SÉNIOR | LO | 125 | CATRIEL MURIEL | VILALBA |
SELECCIÓN DE LOITA E SAMBO PRAIA:
Categoría Edad | Modalidade | Categoría Peso | Nome e apelidos | Club |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 50 | JOEL CASTRO TOLEDO | A CAMBADELA |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 60 | ANGELLO VÁSQUEZ MENDOZA | SAN IGNACIO |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 60 | VOLODIMIR DATSENKO | KELTOI |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 60 | ALEKSANDR MCHYKRISTAN | ETP |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 70 | GUILLERMO SOBRADO ANTÓN | KELTOI |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 80 | RAFAEL BORRAJO ALONSO | ATILA |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | 80 | PABLO CABALEIRO FERNÁNDEZ | A CAMBADELA |
U17 | LUCHA PLAYA MASCULINO | MÁS DE 80 | JORGE ALVAREZ | ETP |
U17 | LUCHA PLAYA FEMENINO | 50 | NADIA ZHOLTIKOVA | PONTEVEDRA |
U17 | LUCHA PLAYA FEMENINO | 60 | LUCIANA DEL PILAR MEDINA MENDOZA | SAN IGNACIO |
U17 | LUCHA PLAYA FEMENINO | 70 | ANA FERRO PARADA | SENÍN |
U17 | SAMBO PLAYA MASCULINO | 60 | PABLO DIZ RAMALLO | SENIN |
U17 | SAMBO PLAYA MASCULINO | 60 | ALEKSANDR MCHYKRISTAN | ETP |
U17 | SAMBO PLAYA MASCULINO | MAS DE 80 | JORGE ALVAREZ | ETP |
U17 | SAMBO PLAYA FEMENINO | 70 | ANA FERRO PARADA | SENIN |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA MASCULINO | 70 | FRAN TRIGO | SENIN |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA MASCULINO | 70 | CESAR IGLESIAS | ETP |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA MASCULINO | 80 | ESTEBAN NUÑEZ SENIOR | ETP |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA MASCULINO | 80 | PABLO GARCÍA GARCÍA | PONTEVEDRA |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA MASCULINO | MÁS DE 90 | CATRIEL PEHUÉN MURIEL | VILALBA |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA FEMENINO | 60 | ANA LÓPEZ ÁLVAREZ | LUGO |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA FEMENINO | 70 | LYDIA PÉREZ TOURIÑO | PONTEVEDRA |
SÉNIOR | LUCHA PLAYA FEMENINO | MÁS DE 70 | CRISTINA RODRÍGUEZ | SAN IGNACIO |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 58 | LUCAS SANTAMARIA | GRAIÑO |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 71 | CESAR IGLESIAS | ETP |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 71 | ESTEBAN VILARES | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 71 | FRAN TRIGO | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 88 | ELVIS HAROL CAISENDO | |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 88 | XOSE MANUEL AYAN | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 88 | ADRIAN LATAS | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 88 | ANGEL DIZ RAMALLO | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | 88 | ESTEBAN NUÑEZ | ETP |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | MÁS DE 88 | RUBEN MIRAGAYA | SENIN |
SÉNIOR | SAMBO PLAYA MASCULINO | MÁS DE 88 | HUGO DUARTE | SENIN |
Sen comentarios