FEGALOITA » Xunior https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Thu, 09 Feb 2023 12:02:46 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 NEREA PAMPÍN ACUDE O MUNDIAL JÚNIOR https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/ https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/#comments Mon, 12 Aug 2019 14:02:56 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2600 A deportista Nerea Pampín Blanco, do Club Keltoi de Vila de Cruces e becada no CGTD de Pontevedra, participará no mundial júnior de Loitas Oímpicas do 13 o 18 de Agosto, en Tallinn (Estonia).

O pavillón de Tondiraba Jäähall, sito na cidade de Tallinn, será o escenario de este mundial júnior, o que so viaxan 2 deportistas representando a nosa selección nacional: Nerea Pampín en -65 kg e María Victoria Báez en -57 kg (MAD).

Ambas deportistas clasificáronse para a cita mundialista, no Cto. De Europa júnior organizado en Pontevedra no mes de Xuño. Baez acadou a medalla de bronce e Pampín perdeu na Loita pocas preseas, rematando en 7º lugar.

Agardemos que teñan a mellor das sortes, nesta cita mundial!

]]>
https://www.fegaloita.es/nerea-pampin-acude-o-mundial-junior/feed/ 0
PONTEVEDRA ACHÉGASE A ROMA PARA PERFILAR O CTO. DE EUROPA 2019 https://www.fegaloita.es/pontevedra-achegase-a-roma-para-perfilar-o-cto-de-europa-2019/ https://www.fegaloita.es/pontevedra-achegase-a-roma-para-perfilar-o-cto-de-europa-2019/#comments Sun, 29 Jul 2018 08:17:27 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2177 A Concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, viaxa a Roma, para observar in situ a organización do Cto. de Europa júnior de Loitas Olímpicas, para implementalo no 2019 no Concello.

Anxos Riveiro (Conceira de Deportes de Pontevedra) estará acompañada por Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978), como director técnico da FGLeDA, para seguir de primeira man o desenrolo organizativo da cita continental, como parte do comité organizador formado pola presidencia da Federación Española de Luchas Olímpicas y D.A. con Francisco Iglesias e o presidente da Federación Galega Jose Luis Olazabal Ibars.

«É fundamental estar nesta cita continental para ver a evolución da Loita, dende o punto de vista organizativo e das necesidades reais dos deportistas, técnicos e árbitros», «atender as demandas reais do evento marcará o camiño para que poda ser un éxito», «Agardemos que sexa un punto de inflexión nas Loitas Olímpicas en España e en Galicia a cita do 2019″, afirma Pablo Pintos.

 

 

]]>
https://www.fegaloita.es/pontevedra-achegase-a-roma-para-perfilar-o-cto-de-europa-2019/feed/ 0
RESULTADOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE GRAPPLING e GI-GRAPPLING https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/ https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/#comments Mon, 26 Feb 2018 15:16:35 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1899 Unha medalla de ouro, duas pratas e medallas de bronce, son os bos resultados das seleccións Galegas de Grappling e Gi-Grappling, nos pasados campionatos de España celebrados o 24 e 25 de Febreiro en Sagunto (Valencia).

A actuación mais destacada destos campioantos nacionais, foi a irrupción das CATEGORÍAS BASE nos campionatos de España. As categorías escolar, cadete e júnior. Por outra banda, destacar a inclusión da categoría veteranos a nivel nacional, como mecanismo de continuidade da vida deportiva dos mais lonxevos no deporte.

O bo traballo dos 3 clubs Galegos desprazados a Sagunto (Valencia), sirve de acicate na promoción e difusión do Grapping a nivel Galego, tendo como referencia os bos resultados no ámbito nacional.

Destacar o bo nivel dos colexiados Galegos, convocados pola Federación Española para dirixir estos campionatos foron: Ángel Amor, Carlos Fabián Thiebaut e Jose Allariz, buscarán en breve o salto a categoría internacional.

O listado completo de resultados individuais, por equipos e por seleccions aquí.

 

 

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/feed/ 0
RESULTADOS DOS CAMPIONATOS GALEGOS JÚNIOR e ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 26 Feb 2018 14:51:20 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1895 Remataron os campionatos Galegos de Loitas Olímpicas nas categorías Júnior e Escolar, celebrados o pasado sábado 24 de Febreiro no pavillón municipal de Teis.

Os campionatos Galegos, serviron de pedra de toque para avaliar a preparación dos deportistas Galegos, de cara as vindeiras citas nacionais: Ctos. de España júnior, cadete e escolar, que terán lugar no mes de Marzo.

Desta cita, podemos destacar o nivel dos novos valores do deporte Galego, que ano tras ano, están mellorando os seus resultados. Desta cita, podemos destacar os resultados do Club San Ignacio de Vigo. Entidade coorganizadora de este campionato, e que acadou os primeiros postos en case todas as probas disputadas.

Neste ano 2018, moitas foron as baixas na inscrición final, perdéndose 38 enfrontamentos directos.

A vindeira cita serán as Xornadas SUR e NORTE da liga de Deporte Base, que terán lugar en Vigo e Lugo o vindeiro sábado 3 de Marzo, onde participarán todos os deportistas das categorías base das loitas olímpicas.

Para acceder a todos os resultados premer aqui.

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
LYDIA PÉREZ CONCENTRADA 2 SEMANAS CO EQUIPO NACIONAL RUSO FEMININO https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-2-semanas-co-equipo-nacional-ruso-feminino/ https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-2-semanas-co-equipo-nacional-ruso-feminino/#comments Tue, 13 Jun 2017 11:05:29 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1622 A deportista Pontevedresa LYDIA PÉREZ TOURIÑO (Club de Loita Pontevedra), viaxará do 13 ó 25 de Xuño a base deportiva de OZERO KRUGLOE, na rexión de Moscú, para participar coa selección nacional feminina júnior de Rusia de Loitas Olímpicas, na concentración previa o campionato de Euorpa júnior.

Lydia Pérez, viaxará acompañada do seleccionador Galego e técnico do CGTD de Pontevedra Don Alexander Kachelaev, quen supervisará os adestramentos na base deportiva Rusa. Esta concentración pode levarse a cabo, grazas a colaboración directa do Concello de Pontevedra, quen sufraga os gastos da mesma, grazas a colaboración directa co Club de Loita Pontevedra, dirixido polo técnico Marcos Miragaya.

Tras esta dura concentración coa elite do deporte Ruso e mundial, a deportista do Lérez viaxará a Dormund (Alemaña), para participar no campionato de Europa júnior que terá lugar do 27 de Xuño ó 2 de Xullo.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/lydia-perez-concentrada-2-semanas-co-equipo-nacional-ruso-feminino/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR EN VILA DE CRUCES https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/#comments Wed, 01 Mar 2017 15:04:31 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1488 O pavillón municipal de Vila de Cruces, acolle este vindeiro sábado 4 de Marzo en xornada de mañá os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Keltoi e o Concello de Vila de Cruces organizan este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías júnior e escolar, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.
A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.
Para continuar co impulso tecnolóxico en todas as competicións, este campionato será retransmitido en streamming, en directo, a través da plataforma de LaLiga4Sports, dende onde se poderá seguir en calquera parte do mundo.
Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 8 de Abril, na cidade de Oviedo. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.
Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Vila de Cruces, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Pontevedra, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/feed/ 0
O CLUB SAN IGNACIO VENCE NO TROFEO 36º ANIVERSARIO https://www.fegaloita.es/o-club-san-ignacio-vence-no-trofeo-36o-aniversario/ https://www.fegaloita.es/o-club-san-ignacio-vence-no-trofeo-36o-aniversario/#comments Tue, 21 Jun 2016 13:59:45 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1215 O Club de Loita San Ignacio venceu o pasado sábado 18 de Xuño, no trofeo aniversario que organizan no pavillón municipal de Teis, en Vigo.

Os resultados finais por equipos foron:

1º Club de Loita San Ignacio de Vigo
2º Club de Loita Ciudad De Vigo
3º Club de Loita Kuzushi de Vigo
4º Club de Loita Atila de Ourense
5º Club de Loita El Castro de Vigo
6º Club de Loita Pontevedra

Este trofeo ten o principal obxectivo de promocionar o deporte de base, e dinamizar as competicións das categorías previas a absoluta.

]]>
https://www.fegaloita.es/o-club-san-ignacio-vence-no-trofeo-36o-aniversario/feed/ 0
1ª COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DEPORTE BASE https://www.fegaloita.es/1a-copa-de-espana-de-grappling-deporte-base/ https://www.fegaloita.es/1a-copa-de-espana-de-grappling-deporte-base/#comments Thu, 19 May 2016 12:32:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1155 Este vindeiro sábado 21 de Abril, terá lugar en xornada de mañá a 1ª COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DE CATEGORÍAS BASE, no pavillón Pablo Herbello de Bueu (Pontevedra).

A competición está organizada polo Club de Loita do Morrazo, e desenrolarase en xornada de mañá de 10:30 ata as 13:30 horas. O regulamento está adaptado para os mais pequenos das categorías: PREBENXAMÍN, BENXAMÍN e ALEVÍN.

A competición terá formato por equipos, polo que será dinámica e divertida para os mais pequenos.

Este é o primero paso dado na historia de esta modalidade deportiva en España. Agardamos que a COPA de España das categorías base sexa un referente a nivel nacional.

]]>
https://www.fegaloita.es/1a-copa-de-espana-de-grappling-deporte-base/feed/ 0
14 PRESEAS DO DEPORTISTAS GALEGOS COVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS DE LOITAS OLÍMPICAS. https://www.fegaloita.es/14-preseas-do-deportistas-galegos-covocados-para-o-torneo-internacional-jovenes-promesas-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/14-preseas-do-deportistas-galegos-covocados-para-o-torneo-internacional-jovenes-promesas-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 02 May 2016 08:51:18 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1137 5 Ouros, 3 Pratas e 6 Bronces acadaron os deportistas Galegos na súa participación no torneo internacional de Loitas Olímpicas “Jóvenes Promesas”, que tivo lugar do 29 de Abril o 1 de Maio en San Javier (Murcia).

Os deportistas que participaron convocados pola Federación Española, no Torneo Internacional foron:
– Cristina Alves (Club Ciudad de Vigo) bronce en 48 kg, Lydia Pérez Ouro en 59kg e Carmen Salgado bronce en 56kg cadete e tamén en 55 kg júnior (ambas do Club de Loita Pontevedra) e Nerea Pampín, ouro na categoría 56 kg cadete e prata na categoría 55 kg júnior e Judit Varela, medalla de ouro nas categorías 65 kg cadete e 63 kg júnior (Ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces).
– Roberto Díaz, bronce na categoría 55 kg júnior, Yago López, ouro na categoría 100 kg cadete e Carlos Yobanni, prata na categoría 58 kg cadete (Todos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Jesús Gonsálves (Club Keltoi de Vila de Cruces), e Rafael Álvarez, prata na categoría cadete 63 kg(Club San Ignacio de Vigo).
Pola súa banda a Federación Galega de Loita convocou os deportistas Omar Rodríguez, bronce en 66 kg júnior e Diego Otero, bronce en 63 kg cadete (Ambos do Club de Loita Sabarís).
Agora todos os deportistas permanecerán concetrados do 1 ó 6 de Maio, nas instalacións do C.T.D. Infanta Cristina de Murcia, convocados co equipo nacional. A concentración internacional, terá como obxectivo definir as diferentes seleccións nacionais que acudirán os campionatos de Europa e do Mundo das categorías cadete e júnior.

]]>
https://www.fegaloita.es/14-preseas-do-deportistas-galegos-covocados-para-o-torneo-internacional-jovenes-promesas-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA NA CATEGORÍA JÚNIOR https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-na-categoria-junior/ https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-na-categoria-junior/#comments Tue, 05 Apr 2016 10:02:45 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1091 Galicia acadou 7 Ouros, 8 Pratas e 12 Bronces para obter os seguintes resultados por seleccións:
– Campioa de España por seleccións en júnior Libre Olímpica.
– Campioa de España por seleccións en júnior Feminina.
– 3ª clasificada por seleccións en júnior Loita Grecorromana.
– Subcampioa de España por seleccións en escolar Libre Olímpica.

A competición desenvolveuse en catro tapices oficiais de Loitas Olímpicas, de 12 x 12 mts, e participaron as 17 Comunidades Autónomas e preto de 500 deportistas. Os deportistas que conseguiron obter a medalla de ouro, terán agora a oportunidade de participar nos campionatos de Europa júnior, no mes de Xuño en Bucarest (Romanía).
Galicia participou neste campionato de España coa selección mais nova de todos os tempos, en pleno cambio xeneracional, os novos deportistas deron unha lección de madurez durante este campionato.
Os resultados individuais, por Clubs e por Seleccións

 

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-na-categoria-junior/feed/ 0