FEGALOITA » Loita Sambo https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Sat, 15 Feb 2025 23:30:15 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.41 GALICIA BRILLA NO NACIONAL JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS. https://www.fegaloita.es/galicia-brilla-no-nacional-junior-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/galicia-brilla-no-nacional-junior-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 12 Mar 2018 16:17:15 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1962 As seleccións Galegas de Loitas Olímpicas, subiron o podio nacional júnior por autonomías, no campionato celebrado en Gijón o sábado 10 de Marzo. Un total de 7 medallas de ouro, 1 prata e 4 bronces, foron o botín final, na cita nacional.

– A selección Galega de Loitas Olímpicas feminina, acadou o bronce nacional por seleccións.

– A selección Galega de Libre masculina, proclamouse campioa de España júnior por autonomías.

– A selección Galega de Loita Grecorromana, escalou ata o 4º posto nacional, pero quedouse fora do podio.

– A selección de Loita Sambo, acadou o posto 8º na clasificación final en categoría sénior.

“Uns moi bos resultados”, é a frase mais repetida entre a expedición Galega. O bo traballo dos Clubs Galegos, en loita libre masculina, con cinco campións nos 10 pesos oficiais, foron o mellor do fin de semana.

Os nomes propios da Loita Libre Olímpica foron: Carlos Yobani García en 65 kg, do Club de Loita Vilalba, Rafaél Álvarez en 70 kg, do Club San Ignacio de Vigo, Omar Rodríguez Martínez en 74 kg, do Club de Loita Sabarís, Daniel Espinosa en 97kg, do Club Ciudad de Vigo, e Aarón Ayude en 125 kg, da Escola Ayude de Melide.

En Loita Grecorromana: Diego Iglesias Cuevas en 130kg, do Club de Lucha El Castro de Vigo, foron os grandes referentes do fin de semana.

En Loita Feminina: o nome propio foi Nerea Pampín Blanco en 62 kg, do Club Keltoi de Vila de Cruces.

As diferentes seleccións Galegas júnior, serán a base do equipo que represente a Galicia no campionato de España SUB23, que terá lugar en Madrid a comezos de Abril.

TODOS OS RESULTADOS AQUÍ

 

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-brilla-no-nacional-junior-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
22 DEPORTISTAS REPRESENTARÁN A GALICIA NOS CTOS. DE ESPAÑA EN GIJÓN https://www.fegaloita.es/22-deportistas-representaran-a-galicia-nos-ctos-de-espana-en-gijon/ https://www.fegaloita.es/22-deportistas-representaran-a-galicia-nos-ctos-de-espana-en-gijon/#comments Thu, 08 Mar 2018 12:28:29 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1958 Galicia acude a cita nacional con un total de 22 deportitas. 10 deportistas en Loita Libre Olímpica, 4 Mulleres en Libre Feminina, 6 deportistas en Loita Grecorromana e 2 en Loita Sambo.

As diferentes seleccións Galegas que participarán na cita nacional en Gijón este vindeiro sábado 10 de Marzo, podedes atopalas AQUÍ.

Galicia acude con un total de 6 árbitros nacionais, a esta cita. Sendo unha das comunidades autónomas con maior representación. O Colexio Galega de Árbitros viaxa con: Miriam García (Club Pontevedra), Ángel Amor (FGL), Marcos Araujo (Club San Ignacio), Jose Manuel Pereira (Club El Castro), Jorge Garrido e Daniel Fernández (Ambos do Club Kuzushi).

Os 22 deportistas competirán en 4 tapices oficiais de 12 x 12 metros, e estarán acompañados por 5 técnicos Galegos. Como en anos anteriores, Galicia aspira a subir o podio nas 3 modalidades Olímpicas que se disputan este fin de semana, así como agarda bos resultados dos 2 deportistas que compiten en Loita Sambo.

Tras esta competición, en menos de 7 días a Federación Galega de Loita, organiza xunto coa Federación Española no Concello de Pontevedra, os Campionatos de España de Deporte en Idade escolar, así como os campionatos de España cadetes de Loitas Olímpicas.

Agardamos manter a sorte en ambas competicións!

]]>
https://www.fegaloita.es/22-deportistas-representaran-a-galicia-nos-ctos-de-espana-en-gijon/feed/ 0
POUCA SORTE PARA ADRIÁN IMEDIO NO MUNDIAL DE SAMBO https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/ https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/#comments Mon, 13 Nov 2017 12:22:25 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1762 O deportista Adrián Imedio (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tivo pouca sorte no Mundial de Loita Sambo, celebrado en Sochi (Rusia) do 8 ó 13 de Novembro.

Adrián gañou en primeira rolda contra o representante de Nixeria, pero perdeu o pase a seguinte rolda, contra o representante de Bielorrusia, que a postre finalizaría en 3º lugar no seu peso.

Agardamos que teña mais sorte para a vindeira competición!

]]>
https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-para-adrian-imedio-no-mundial-de-sambo/feed/ 0
BRONCE DE ADRIAN IMEDIO NA COPA DE EUROPA DE SAMBO https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/ https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/#comments Wed, 08 Nov 2017 16:41:00 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1753 O deportista Adrián Imedio (Club de Loita Vilalba) e que adestra no Club da Universidade da Coruña, ven de acadar a medalla de bronce na COPA de Europa de Loita Sambo, celebrada en Madrid.

Este éxito, garante a súa participación no Campionato do Mundo de Loita Sambo que terá lugar do  9 ó 12 de Novembro en Moscú (Rusia). Agardemos que teña a mellor das sortes!

]]>
https://www.fegaloita.es/bronce-de-adrian-imedio-na-copa-de-europa-de-sambo/feed/ 0
COPA DE EUROPA DE LOITA SAMBO https://www.fegaloita.es/copa-de-europa-de-loita-sambo-2/ https://www.fegaloita.es/copa-de-europa-de-loita-sambo-2/#comments Mon, 23 Oct 2017 11:17:58 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1751 O deportista Adrian Imedio (62 kg) do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, e formado as ordes de Eduardo Carballeira no Club UDC, está convocado para participar coa selección nacional de Loita Sambo do 27 ó 30 de Outubro na Copa de Europa que se disputará en Madrid.

Adrián Imedio, é o actual campión de España da súa categoría de peso, e ten postas as súas miras, no campionato do mundo de sambo, que terá lugar no mes de Novembro. Agardemos que unha boa actuación nesta competición, lle poda abrir as portas do mundial de Sambo.

Adrián, será o único deportista Galego, presente na COPA de Europa de Sambo, polo que estaremos pendientes da súa actuación.

Moita sorte!

]]>
https://www.fegaloita.es/copa-de-europa-de-loita-sambo-2/feed/ 0
CURSO DE COMBAT SAMBO EN A CORUÑA https://www.fegaloita.es/curso-loita-sambo-en-a-coruna/ https://www.fegaloita.es/curso-loita-sambo-en-a-coruna/#comments Tue, 05 Sep 2017 11:18:00 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1708 O Club DPP A Coruña, organiza do 19 ó 21 de Setembro un SEMINARIO de COMBAT SAMBO, aberto para todos os interesados. O instructor será Nikolai Potashnik, Maestro adestrador da Federación Europea de Sambo e medalla de ouro na COPA do Mundo de Sambo 2015.

O custo da actividade será de 50,00€ para os tres días de seminario ou 30,00€ para cada día de asistencia. Será obrigatorio estar Federados na FGLeDA, así como estar en posesión da correspondente licenza Federativa para poder asistir a este curso de formación.

As inscripcións dos interesados deberán de facerse a través do seguinte mail: info@fegaloita.org ou no tlf: 615766848 (ANTONIO GARCÍA).

curso_sambo

]]>
https://www.fegaloita.es/curso-loita-sambo-en-a-coruna/feed/ 0
POUCA SORTE NO EUROPEO DE LOITA SAMBO, CELEBRADO EN MINSK https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-no-europeo-de-loita-sambo-celebrado-en-minsk/ https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-no-europeo-de-loita-sambo-celebrado-en-minsk/#comments Tue, 23 May 2017 13:07:01 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1584 O deportista Galego, Adrián Imedio (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tivo pouca sorte no campionato de Europa de Loita Sambo celebrado na cidade de Minsk (Bielorrusia), do 18 ó 23 de Maio, finalizando en 7ª posición na categoría de 62kg.

Adrián caeu en primeira rolda fronte o representante Armenio, quen disputou a final e abriulle as portas a Adrián da repesca polo bronce. Pero en esta nova fase da competición, caeu pola mínima 1-0, contra o representante Francés, quen o afastou definitivamente da competición.

David Fernández (Asturias), acadou a medalla de bronce na categoría de +100kg. Sendo ambos os únicos representantes da selección nacional en Minsk.

Adrián continuará cos seus adestramentos as ordes de Eduardo Carballeira, preparando as súas vindeiras citas deportivas. A súa xuventude permítelle aspirar a metas mais importantes coa selección nacional.

Por outra banda, Carlos Gómez exerceu como árbitro internacional e Antonio Jiménez como seleccionador nacional.

]]>
https://www.fegaloita.es/pouca-sorte-no-europeo-de-loita-sambo-celebrado-en-minsk/feed/ 0
Jornada de Sambo https://www.fegaloita.es/jornada_sambo/ https://www.fegaloita.es/jornada_sambo/#comments Fri, 10 Mar 2017 19:00:28 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1502 Jornada Sambo en SKM Vigo
25 de Marzo. De 9h a 14h
De la mano de Fran Martinez
Director Ténico de la Federación Andaluza de Lucha.
Entrenador Nacional Superior.
Cinturon negro 5ºDan
Plazas limitadas.
Precio: 50€
Organiza SKM Combat and self defense
Colabora: Federación gallega de lucha y Federación andaluza de lucha
Apto para todos los niveles.
Lugar: Escuela SKM. Bajada a la Salgueira 3 Bajo
Para más información sobre la matricula y el plazo de inscripción enviar un email a club@skmspain.com

sambo_final

 

 

]]>
https://www.fegaloita.es/jornada_sambo/feed/ 0
ZAIRA BERMÚDE E MIGUEL RIOPEDRE VOLTAN DO CAMPIONATO DO MUNDO DE LOITA SAMBO. https://www.fegaloita.es/zaira-bermude-e-miguel-riopedre-voltan-do-campionato-do-mundo-de-loita-sambo/ https://www.fegaloita.es/zaira-bermude-e-miguel-riopedre-voltan-do-campionato-do-mundo-de-loita-sambo/#comments Wed, 16 Nov 2016 16:31:31 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1382 Zaira Bermúdez e Miguel Riopedre, ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, participaron no campionato do Mundo de Sambo do 10 ó 14 de Novembro que tivo lugar en Sofía (Bulgaria), con pouca sorte.

Os dous deportistas que se forman na Universidade de Coruña, e adestran co grupo de rendemento dirixido por Eduardo Carballeira, participaron no campionato do Mundo de Loita Sambo con pouca sorte.

Zaira Bermúdez, caeu en primeira rolda e quedou afastada da competición. Un primeiro cruce extremadamente complicado hipotecou as opcións da xoven deportista. Por outra banda, Miguel Riopedre, venceu no seu primeiro cruce na competición mundialista, pero cedeu en segunda rolda, o que lle privou da loita polas medallas.

Ambos deportistas quedaron afastados da repesca, o que a postre frustrou as súas opcións de achegarse a zona das medallas.

Cabe destacar, que esta é a primeira vez que ambos deportistas compiten a nivel mundial. Igual sorte correron o resto do equipo nacional, nunha xornda aciaga para os resultados deportivos.

Agora todos, centran a súa preparación de cara os campionatos de España, que terán lugar a principios do ano 2017.

]]>
https://www.fegaloita.es/zaira-bermude-e-miguel-riopedre-voltan-do-campionato-do-mundo-de-loita-sambo/feed/ 0
2 GALEGOS O CAMPIONATO DO MUNDO DE SAMBO https://www.fegaloita.es/2-galegos-o-campionato-do-mundo-de-sambo/ https://www.fegaloita.es/2-galegos-o-campionato-do-mundo-de-sambo/#comments Sun, 06 Nov 2016 21:10:30 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1364 Zaira Bermúdez e Miguel Riopedre,  ambos compiten polo Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, acuden o campionato do Mundo de Sambo do 10 ó 14 de Novembro en Sofía (Bulgaria).

Os dous deportistas que se forman na Universidade de Coruña, e adestran co grupo de rendemento dirixido por Eduardo Carballeira, continúan a senda aberta por Bruno Martínez, quen competiu no mesmo campionato no ano 2014 en Tokio. Dende facía mais de 30 anos, ningún deportista representaba a Galicia nun mundial de Loita Sambo.

Zaira Bermúdez competirá na categoría de 64 kg e Miguel Riopedre fará o propio en 62 kg. Ambos teñen unha dilatada carreira deportiva pese a súa idade, son moi novos, por eso agardamos que teñan unha boa actuación. Este paso histórico no aumento dos participantes nun campionato do mundo, é froito do traballo incansable dos Clubs, adestradores e deportistas que buscan facer historia no noso deporte.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!!!

]]>
https://www.fegaloita.es/2-galegos-o-campionato-do-mundo-de-sambo/feed/ 0