FEGALOITA » Grappling-Gi https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Mon, 06 Feb 2023 16:20:59 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 CAMPIONATO GALEGO DE MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:39:11 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2664 Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego categoría Sénior de MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • Durante o Cto. Galego de MMA, levaránse a cabo varios combates de suficiencia, FORA DE COMPETICIÓN, de Grappling-Gi:

Regulamento Grappling-Gi: 

http://www.felucha.com/components/com_remository_files/downloads/reglamento-nacional-de-grapplingjunio2017_1508138921.pdf

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-mma/feed/ 0
CONCENTRACIÓN AUTONÓMICA DE GRAPPLING EN SANTIAGO https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/ https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/#comments Fri, 11 Jan 2019 09:29:47 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2375 O vindeiro sábado 19 de Xaneiro, terá lugar no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela, en xornada de tarde, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta concentración ten como obxectivo preparar os deportistas Galegos de cara o Cto. de España que terá lugar en Sagunto, Valencia, a mediados de Febreiro.

Os técnicos Galegos, seguen a traballar arreo, pola formación das diferentes seleccións Galegas, contando dende o deporte base ata a categoría absoluta.

]]>
https://www.fegaloita.es/concentracion-autonomica-de-grappling-en-santiago/feed/ 0
RESULTADOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE GRAPPLING e GI-GRAPPLING https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/ https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/#comments Mon, 26 Feb 2018 15:16:35 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1899 Unha medalla de ouro, duas pratas e medallas de bronce, son os bos resultados das seleccións Galegas de Grappling e Gi-Grappling, nos pasados campionatos de España celebrados o 24 e 25 de Febreiro en Sagunto (Valencia).

A actuación mais destacada destos campioantos nacionais, foi a irrupción das CATEGORÍAS BASE nos campionatos de España. As categorías escolar, cadete e júnior. Por outra banda, destacar a inclusión da categoría veteranos a nivel nacional, como mecanismo de continuidade da vida deportiva dos mais lonxevos no deporte.

O bo traballo dos 3 clubs Galegos desprazados a Sagunto (Valencia), sirve de acicate na promoción e difusión do Grapping a nivel Galego, tendo como referencia os bos resultados no ámbito nacional.

Destacar o bo nivel dos colexiados Galegos, convocados pola Federación Española para dirixir estos campionatos foron: Ángel Amor, Carlos Fabián Thiebaut e Jose Allariz, buscarán en breve o salto a categoría internacional.

O listado completo de resultados individuais, por equipos e por seleccions aquí.

 

 

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-campionatos-de-espana-de-grappling-e-gi-grappling/feed/ 0
GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE LOITA GRAPPLING https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/ https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/#comments Wed, 09 Mar 2016 10:49:28 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1064 3 Ouros, 6 pratas e 5 bronces, son as preseas acadadas polos deportistas Galegos no Cto. De España celebrado este pasado 5 e 6 de Marzo en Gijón (Asturias)

Boa actuación dos deportistas Galegos desprazados a Gijón este fin de semana. Os campionatos de España tiveron unha participación moi notable en canto a deportistas. O bo traballo dos Clubs Galegos quedou patente nunha competición moi reñida entre as comunidades con maior tradición deportiva.
Felicitar os deportistas e os seus clubs polo traballo levado a cabo. Agora solo agardamos as convocatorias dos equipos nacionais para os campións de España.
O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, estivo representado por varios colexiados, tendo a cabeza dos mesmo o árbitro internacional Don Ángel Amor Villar, e os árbitros nacionais: Carlos Fabián Theibaut, Catalina Soage e Miguel González.

Todos os resultados aquí.

]]>
https://www.fegaloita.es/galicia-campiona-de-espana-de-loita-grappling/feed/ 0
CTO. ESPAÑA DE GRAPPLING, GRAPPLING-GI, MMA e SAMBO https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/ https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/#comments Fri, 04 Mar 2016 09:31:28 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1060 Este vindeiro sábado 5 e domingo 6 de Marzo Gijon acolle os campionatos de España de Sambo, Grappling, Gi-Grappling e MMA.

Galicia acode a esta cita nacional con un total de 28 inscripcións de deportistas, 1 seleccionador, 1 delegado e 4 árbitros. O equipo Galego estará composto por (seleccións completas):
– Gi-Grappling masculino: 2 deportistas.
– Grappling feminino: 1 deportistas.
– Grappling masculino: 15 deportistas.
– MMA masculino: 5 deportistas.
– Sambo masculino: 7 deportistas.
– Sambo feminino: 1 deportista
Don David Graiño Lema acude como seleccionador Galego, tendo claro que loitarán por todas as medallas posibles, pero que o groso do equipo estará presente na modalidade de Grappling.
A selección Galega aspira a estar no podio nas 6 modalidades deportivas que se disputan este fin de semana, continuando coa liña de anos anteriores nos que sempre tivo un lugar no podio nacional.
O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, estará representado por varios colexiados, tendo a cabeza dos mesmo o árbitro internacional Don Ángel Amor Villar, e os árbitros nacionais: Carlos Fabián Theibaut, Catalina Soage e Miguel González.
Agardámoslles as mellores das sortes.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/cto-espana-de-grappling-grappling-gi-mma-e-sambo/feed/ 0