FEGALOITA » Campionato Galego https://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Thu, 14 Sep 2023 05:56:54 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.38 CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING E MMA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/#comments Mon, 11 Nov 2019 09:29:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=2661 O vindeiro sábado 16 de Novembro, terá lugar na cidade de A Coruña, o campionato Galego de Grappling e MMA no pavillón municipal de Labañou, valedeiro para participar no campionato de España das modalidades.

Información sobre o regulamento de participación no Campionato Galego das CATEGORÍAS BASE e SÉNIOR de Loita Grappling e MMA que terá lugar o día 16 de Novembro do 2019 na cidade de A Coruña.

O programa quedaría do seguinte xeito, aproximadamente:

  • Pesaxe dos deportistas o Sábado día 16 de Novembro de:
    •  9:00 a 9:30 horas: categorías base e sénior de Grappling. Deportistas absolutos (Sénior) de MMA.
  • Lugar das pesaxes: no Pavillón Municipal de Labañou (A Coruña) lugar da competición.
  • Data de inscrición: antes das 12:00 horas do venres 8 de Novembro de 2019.
  • Competición día 16 de Novembro:
    • Grappling:  De 10:00 a 13:30 horas. Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
    • MMA: De 16:00 a 18:30 horas. Entrega de medallas de 18:30 a 19:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e bronce para o terceiro clasificado.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirán medallas.
  • Tódolos participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.

 

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-de-grappling-e-mma-2/feed/ 0
RESULTADOS DOS CAMPIONATOS GALEGOS JÚNIOR e ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/ https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 26 Feb 2018 14:51:20 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1895 Remataron os campionatos Galegos de Loitas Olímpicas nas categorías Júnior e Escolar, celebrados o pasado sábado 24 de Febreiro no pavillón municipal de Teis.

Os campionatos Galegos, serviron de pedra de toque para avaliar a preparación dos deportistas Galegos, de cara as vindeiras citas nacionais: Ctos. de España júnior, cadete e escolar, que terán lugar no mes de Marzo.

Desta cita, podemos destacar o nivel dos novos valores do deporte Galego, que ano tras ano, están mellorando os seus resultados. Desta cita, podemos destacar os resultados do Club San Ignacio de Vigo. Entidade coorganizadora de este campionato, e que acadou os primeiros postos en case todas as probas disputadas.

Neste ano 2018, moitas foron as baixas na inscrición final, perdéndose 38 enfrontamentos directos.

A vindeira cita serán as Xornadas SUR e NORTE da liga de Deporte Base, que terán lugar en Vigo e Lugo o vindeiro sábado 3 de Marzo, onde participarán todos os deportistas das categorías base das loitas olímpicas.

Para acceder a todos os resultados premer aqui.

]]>
https://www.fegaloita.es/resultados-dos-campionatos-galegos-junior-e-escolar-de-loitas-olimpicas/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO SÉNIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-2/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-2/#comments Wed, 17 Jan 2018 15:48:15 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1837 O vindeiro sábado 27 de Xaneiro, terá lugar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, o campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete, en xornada de mañá.

A competición autonómica estará organizada polo Concello de Santiago de Compostela, o Club de Loita Stellae e a  Federación Galega de Loita, co obxectivo de perfilar a selección Galega que acudirá os campionatos de España. A competición desenrolarase en 3 tapices oficiais de Loita, de 10×10 mts.

As novas promesas da Loita en Galicia, terán unha nova oportunidade de brillar de cara os campionatos nacionais. Nesta ocasión, o Colexio Galego de Árbitros, aplicará o novo regulamento de Loitas Olímpicas, así como as novas categorías de peso para os deportistas.

Por outra banda, o campionato Galego, será retrnasmitido a través da plataforma da LaLiga4Sports, en Streamming, polo que poderá verse o campionato en calquera lugar do mundo a través dun enlace a internet.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-2/feed/ 0
STREAMMING CTO. GALLEGO JÚNIOR Y ESCOLAR https://www.fegaloita.es/streamming-cto-gallego-junior-y-escolar/ https://www.fegaloita.es/streamming-cto-gallego-junior-y-escolar/#comments Fri, 03 Mar 2017 12:12:02 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1495 Ya teneis a vuestra disposición en siguiente enlace de LaLiga4Sports para ver en directo el Cto. Gallego júnior y escolar de Luchas Olímpicas, que se celebra mañana sábado 4 de Marzo en el pabellón municipal de Vila de Cruces.

http://www.laliga4sports.es/directos/lucha-campeonato-gallego-junior-y-escolar

]]>
https://www.fegaloita.es/streamming-cto-gallego-junior-y-escolar/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR EN VILA DE CRUCES https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/#comments Wed, 01 Mar 2017 15:04:31 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1488 O pavillón municipal de Vila de Cruces, acolle este vindeiro sábado 4 de Marzo en xornada de mañá os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Keltoi e o Concello de Vila de Cruces organizan este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías júnior e escolar, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.
A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.
Para continuar co impulso tecnolóxico en todas as competicións, este campionato será retransmitido en streamming, en directo, a través da plataforma de LaLiga4Sports, dende onde se poderá seguir en calquera parte do mundo.
Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 8 de Abril, na cidade de Oviedo. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.
Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Vila de Cruces, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Pontevedra, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-junior-e-escolar-en-vila-de-cruces/feed/ 0
CAMPIONATO GALEGO SÉNIOR e CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS. 11 DE FEBREIRO NO CGTD DE PONTEVEDRA https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-11-de-febreiro-no-cgtd-de-pontevedra/ https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-11-de-febreiro-no-cgtd-de-pontevedra/#comments Fri, 20 Jan 2017 12:33:36 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1456 O vindeiro sábado 11 de Febreiro o CGTD de Pontevedra, acollerá o campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas, tanto na categoría masculina como feminina. A competición será en xornada de mañá.

Este campionato acollerá os mellores deportistas Galegos das diferentes categorías de peso e das distintas modalidades deportivas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana. Como en anos anteriores espérase que mais de 120 deportistas que representarán os clubs das 4 provincias Galegas se inscriban no campionato, que dará acceso os campionatos de España de ambos grupos de idade. A principal motivación dos deportistas, será clasificarse para a cita nacional que tamén será na cidade do Lérez o 25 de Marzo, onde tamén loitarán en casa.

A competición desenrolarase en 3 tapices oficiais de 10 x 10 metros, co  fin de axilizar a competición. Para elo tamén contamos coa colaboración do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, no desenrolo de toda a competición.

Agradecer a colaboración de todos os patrocinadores, sen os cales, a organización de este campionato sería imposible, ou moi dificultosa.

Por outra banda temos que dicir, que este ano o campionato Galego de Loitas Olímpicas, será retransmitido en directo, por streaming, a través de varias plataformas dixitais. Esta é a primeira vez que esto sucede na historia do noso deporte. Para elo contamos co traballo feito en conxunto con MARCA TV, NOASPORT TV e LALIGA4SPORTS.

Tedes toda a información nos seguintes enlaces:

Normativa campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas aquí.

Folla de inscrición.

]]>
https://www.fegaloita.es/campionato-galego-senior-e-cadete-de-loitas-olimpicas-11-de-febreiro-no-cgtd-de-pontevedra/feed/ 0