Sin categoría

XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE EN LUGO

O vindeiro sábado 6 de Abril, terá lugar na CASA DO DEPORTE de Lugo (FRIGSA), situada na Avenida Infanta Elena (Lugo) a XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS.

Para elo enviamos todos os datos precisos da competición:

  • Día: sábado 6 de Abril de 2019.
  • Lugar: CASA DO DEPORTE DE Lugo.
  • Hora de chegada dos equipos: 10:00 horas.
  • Horario da competición: de 10:30 a 12:00 horas.
  • Saída dos deportistas: 12:30 horas.
  • Os clubs participantes, entregaráselle un picnic para cada deportista, adestrador e árbitro.
  • Saídas dos autobuses (lugar e hora): Pendentes da confirmación por parte dos servizos provinciais de deporte. Notificarémolo con tempo.

Para unha correcta inscrición dos deportistas, tedes que remitir a Federación por mail, carta ou fax a folla axunta (de preinscrición) debidamente cuberta antes do mércores 3 de Abril as 12:00 horas, para ter unha previsión real do transporte, picnics, e outras necesidades que poidan xurdir.

Os pesos e inscrición definitivos dos deportistas, remitiranse a Federación na mesma folla antes do mércores 3 de Abril as 12:00 horas.

Debido o aumento de Clubs participantes na Liga de Deporte de Base, as xornadas quedarán divididas do seguinte xeito:

XORNADA NORTE: 6 de Abril en Lugo: equipos participantes.

  • Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Santiso, Club de Loita Lugo, Club Atila de Ourense e Club San Lorenzo de Asturias
cartel júnior
Anterior

CTO. DE ESPAÑA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

30 carteles xornada sur 2019
Seguinte

XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS EN TEIS (VIGO)

Fegaloita

Fegaloita

1 comentario

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>