XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS
O vindeiro sábado 24 de Maio, terá lugar no PAVILLÓN MUNICIPAL da ESTRADA a XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS.
Para elo enviamos todos os datos precisos da competición:
- Día: sábado 24 de Maio de 2025.
- Lugar: Pavillón municipal de A Estrada.
- Hora de chegada dos equipos: 9:00 horas.
- Horario da competición: de 10:00 a 13:00 horas.
- Saída dos deportistas: 13:30 horas.
- Os clubs participantes, entregaráselle un picnic para cada deportista, adestrador e árbitro.
- Medallas para todos os participantes.
- Trofeos para todos os clubs en función da clasificación final: ordeada polos puntos obtidos en esta xornada final.
Para unha correcta inscrición dos deportistas, tedes que remitir a Federación por mail, a folla axunta (de preinscrición) debidamente cuberta antes do luns 19 de Maio as 12:00 horas, para ter unha previsión real dos picnics, e outras necesidades que poidan xurdir.
Os pesos e inscrición definitivos dos deportistas, remitiranse a Federación na mesma folla antes do mércores 21 de Maio as 12:00 horas.
Debido o aumento de Clubs participantes na Liga de Deporte de Base, a Xornada final quedará dividida do seguinte xeito:
Clubes do 1º ó 6º posto:
- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Santiso, Club Graiño Team de A Coruña, Club San Ignacio de Vigo e Club de Loita Pontevedra.
Clubes a partir do 7º posto:
- Club de Loita Lugo, Club Atila de Ourense, Club El Castro de Vigo, Club de Loita Ciudad de Vigo, Club de Loita Kuzushi, Club Sportstime de Crecente, Club Combatlón e Club A Cambadela de A Estrada.
- Si algún outro club quere participar, quedaría enmarcado neste segundo grupo.
- Si algún club do primeiro grupo NON participa, subiría a este grupo o club con maior puntuación obtida na xornada previa (norte ou sur), para completar o mesmo.
CLASIFICACIÓN FINAL DE ESTA COMPETICIÓN:
A clasificación final por equipos será por orde decrecente de puntos. O CLUB que obteña mais puntos nesta XORNADA será o primeiro clasificado, o seguinte na suma de puntos será o segundo e así sucesivamente ata o derradeiro clasificado.
Sen comentarios