ClubsDeporteDeporte BaseFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre Olímpica

XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS EN VILA DE CRUCES

O vindeiro sábado 17 de Xuño, en xornada de mañá, terá lugar no pavillón municipal de Vila de Cruces, a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, con preto de 200 nenos e nenas inscritos, que representarán os clubs das 4 provincias Galegas, que porán en liza a os seus mellores atletas.

Tras os resultados das xornadas previas, a competición quedará dividida do seguinte xeito:

COMPETICIÓN DO 1º ó 6º POSTO:

  • Club de Loita San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club Sabarís de Baiona, Club Keltoi de Vila de Cruces, Escola Ayude de Melide e Club de Loita Lugo.

COMPETICIÓN DO 7º ó 15º POSTO:

  • Club Kuzushi de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club de Loita do Morrazo, Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club de Loita Atila de Ourense, Club de Loita Pontevedra e Club de Loita A Cambadela de A Estrada.

A competición por equipos, tanto en categoría masculina, como en categoría feminina, está adaptada os mais pequenos, tanto no tempo, como no tapiz e o regulamento, para que sexa unha xornada LÚDICO-COMPETITIVA. Con esta actividade, daremos por clausurada a Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas durante esta tempada.

Haberá trofeos para todos os Clubs participantes, medallas para todos os/as deportistas, así como agasallos e picnics para todos os participantes.

A Competición desenrolarase en 6 tapices oficiais de 6 x 6 mts, e contaremos coa colaboración do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, para o desenrolo da competición.

Agardamos que sexa unha festa para os mais pequenos!!!!

velada
Anterior

VELADA DE MMA NO BARCO DE VALDEORRAS

Selección Gallega desplazada al Torneo RGCC
Seguinte

GALICIA 3ª CLASIFICADA NO TORNEO NACIONAL RGCC DE GIJÓN

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>