ConcentraciónFederacionFegaloitaLoita Feminino

XA ESTÁN CONCENTRADAS AS NOSAS 3 DEPORTISTAS EN CHEBUKSARY

Xa chegaron a Rusia, as nosas tres deportistas, para ver a COPA DO MUNDO de Loita Feminina e participar na COPA DE RUSIA de Loita Feminina.

Dende o 26 de Novembro ata o 6 de Decembro, as nosas deportistas, adestrarán e competirán coas mellores deportistas do mundo, nesta cita que acaparará o interés medíatico a nivel mundial. Na COPA DO MUNDO participan os 8 equipos mellores rankeados na cita Mundialista, que son: Japón, Rusia, Acerbaiján, USA, Suecia, Mongolia, China e Ukrania.

A COPA DE RUSIA de Loita Feminina, ten carácter OPEN, o que permite unha participación de deportistas estranxeiras, para aumentar aínda mais o nivel da competición.

Agardemos que as nosas deportistas: Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín e Judit Varela, ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces, teñan a mellor das sortes!

jose_cuba
Anterior

3 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL HENRY DEGLANEE DE NIZA

Jose Cuba, Noelia Lalín e Pablo García
Seguinte

BOS RESULTADOS NO TORNEO INTERNACIONAL HENRI DEGLANE DE NIZA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>