FEGALOITA » Cadete http://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Wed, 08 Mar 2023 16:28:58 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 ÉXITO HISTÓRICO DO EQUIPO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS NA CITA CONTINENTAL http://www.fegaloita.es/exito-historico-do-equipo-cadete-de-loitas-olimpicas-na-cita-continental/ http://www.fegaloita.es/exito-historico-do-equipo-cadete-de-loitas-olimpicas-na-cita-continental/#comments Mon, 10 Aug 2015 14:20:01 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=879 Raquel Rama (Andalucía), subcampiona de Europa cadete na categoría de 70 kg, Omar Rodríguez (Galicia) 10º clasificado e Carmen Salgado (Galicia) 15º clasificada. Esta é a primeira medalla de prata feminina da historia do noso deporte.

 

Moi boa actuación dos deportistas Galegos no Europeo cadete: Omar Rodriguez co 10º posto na categoría de 63kg Loita Libre Olímpica e Carmen Salgado Ave en Loita Feminina 52kg. Excepcional resultado de Raquel Rama (Andalucía), acadando a medalla de prata na categoría de 70 kg.

Os deportistas que adestran no CGTD de Pontevedra, as ordes de Alexandre Kachelaev seguen a dar boas novas o noso deporte.

No caso de Omar Rodriguez, gañou en primeira rolda contra Yuri Shamusenka (Bielorrusia), para ceder en oitavos de final contra Wiktor Lejczak (Polonia). Tras esta derrota Omar non puido loitar pola repesca, polo que non puido loitar polo bronce.

No caso de Carmen Salgado, tras un ano no que non perdeu un só combate, veuse superada pola Bielorrusa Volha Auchinik, quedando afastada de calquera opción de medalla.

Ambos deportistas fixeron unha tempada para enmarcar, pero non puideron poñer un broche histrórico a súa participación no Europeo.

O seleccionador nacional cadete que dirixiu o equipo nacional, Antonio Jiménez (Andalucía), fixo unha valoración moi positiva da participación dos nosos deportistas na cita continental. Temos un futuro a curto e medio prazo con moitas expectativas de éxito.

]]>
http://www.fegaloita.es/exito-historico-do-equipo-cadete-de-loitas-olimpicas-na-cita-continental/feed/ 0
Carmen Salgado e Omar Rodriguez o campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas http://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/ http://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/#comments Mon, 03 Aug 2015 14:06:14 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=872 Hoxe están camiño de Subótica (Serbia) Carmen Salgado Ave e Omar Rodríguez Martínez, que participarán do 3 ó 8 de Agosto no Campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas, xunto coa andaluza Raquel Rama. Os tres deportistas que representarán a España no Europeo estarán dirixidos polo seleccionador nacional Antonio Jiménez.

Ambos deportistas Galegos tiveron a preparación mais axeitada de cara o Europeo, contando con adetradores de garantías como é o caso de Alexandre Kachelaev e Marcos Miragaya: Finalizaron os adestramentos do curso académico no CGTD de Pontevedra, despois permaneceron dúas semanas mais concentrados cos novos talentos no CGTD, estiveron unha semana concentrados nas instalacións da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e por último viaxaron a Madrid o Centro de Alto Rendemento para adestrar coa selección Española absoluta. A última semana de preparación fixerona nas súas respectivas casas, buscando a maior estabilidade emocional de cara o Europeo. «Traballar con rapaces tan novos moito tempo fora da súa casa, resulta un lastre difícil de superar para rendir en óptimas condicións», afirma Pablo Pintos (D.T. da FGLeDA).

Carmen Salgado e Omar Rodriguez están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestran as ordes do seleccionador Galego Alexandre KAchelaev (Moscú, 1946). En total 7 deportistas Galegos acadaron o campionato de España cadete este ano 2015, pero solo 2 viaxan a Subótica. Non é unha época facil para os deportistas mais novos, xa que 5 de eles, teñen que quedar fora do Europeo por motivos técnicos: ben sexa por aspecto económicos ou polos resutlados acadados nas últimas citas internacionais. Ben é certo, que con este talento deportivo, non tardaremos en ter algún bo resultado internacional.

 

Omar Rodríguez y Carmen Salgado

]]>
http://www.fegaloita.es/carmen-salgado-e-omar-rodriguez-o-campionato-de-europa-cadete-de-loitas-olimpicas/feed/ 0