CadetesCampionato de EuropaFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

SELECCIÓN NACIONAL CADETE QUE VIAXARÁN O CTO. DE EUROPA

Finaliza a concentración nacional para afinar a preparación da selección nacional cadete de Loitas Olímpicas no CGTD de Pontevedra. Os deportistas cadetes acudirán do 17 ó 24 de Xullo a Estocolmo, para participar no campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas.
Os deportistas concentrados no CGTD de Pontevedra, baixo a dirección de Alexander Kachelaev, e que participarán no Campionato de Europa foron:
– Judith Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces) en 65 kg Loita Femenina.
– Roberto Díaz Orosa (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 54 kg Loita Libre Olímpica.
– Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 58 kg Loita Libre Olímpica.
– Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo) en 69 kg Loita Libre Olímpica.
– Javier Andújar (Valencia) en 63 kg Loita Libre Olímpica.
– Mario Alonso (Burgos) en 58 kg Loita Libre Olímpica.
Temos que destacar o esfuerzo económico dos 3 deportistas Galegos, campons de España, Roberto Díaz Orosa, Carlos Yobanni García e Rafael Álvarez, que viaxarán o campionato de Europa coa financiación dos seus propios Clubs, así como da propia Federación Galega de Loita e D.A.
Todos os deportistas cadetes, viaxarán a Madrid do 9 ó 17 de Xullo, para participar na concentración internacional que terá lugar tras o Gran Premio de España. Esta concentración internacional será unha boa preparación final para a súa participación na cita continental.

Concentración CGTD visita Chelo Besada web
Anterior

VISITA DE CHELO BESADA A CONCENTRACIÓN NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS

Damián Iglesias y Noelia Lalín
Seguinte

5 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>