FederacionFegaloitaLoita FemininoSUB-23

RECEPCIÓN NO CONCELLO DE SANXENXO A SELECCIÓN FEMININA RUSA DE LOITAS OLÍMPICAS

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o concelleiro de deportes, Suso Sueiro, convidaron a selección nacional feminina de Loitas Olímpicas de Rusia, a un xantar en Sanxenxo. Agradecer a cordialidade, e as atencións recibidas, a este elenco de campioas Europeas e Mundiais. A atención do concello, facilitará que podamos volver a disfrutar da selección Rusa en vindeiros anos por terras Galegas.

Agradecer tamén a presenza de Miguel, directivo de Estrella Galicia, unha das empresas mais grandes da nosa comunidade, no xantar conxunto coa selección Rusa. O especial apoio de esta empresa o deporte, pode ser decisivo de cara a futuras colaboracións.

Alexander Kachelaev, técnico do CGTD de Pontevedra e Jose Luis Olazabal Ibars, presidente da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. amosanse esperanzados con continuar con esta colaboración entre ambas federacións e o Concello de Sanxenxo.

A Selección feminina Rusa de Loitas Olímpicas, escolleu o concello de Sanxenxo, para pasar unha semana de vacacións, tras o longo calendario competitivo internacional que levan acumulado. Estas vacacións activas, nas que mesturaron relax e adestramentos en Sanxenxo e no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, favoreceron os adestramentos cos deportistas Galegos, para ampliar a súa formación.

 

IMG_3568
Anterior

A SELECCIÓN FEMENINA JÚNIOR RUSA DE LOITAS OLÍMPICAS EN PONTEVEDRA

IMG_3940
Seguinte

7ª COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS NAS CATEGORÍAS BASE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>