ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

PRESENTACIÓN ACTIVIDADE XOGALOITA

O XII Congreso Internacional de Ciencias del Deporte y la Salud, celebrado en Pontevedra, tivo gran repercusión mediática e formativa. As actividades de Loitas Olímpicas estiveron presentes, na posta de largo do programa XOGALOITA, que a Federación Galega de Loita e D.A. , e o Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, puxeron en marcha nos meses de Maio e Xuño.

24 Centros educativos da provincia de Pontevedra e 1000 rapaces e rapazas, participaron no XOGALOITA: Xogando as Loitas Olímpicas. Esta actividade Lúdico-Formativa, ten como base os xogos de iniciación as Loitas Olímpicas. O vindeiro curso académico, trataremos de darlle un formato de carácter autonómico, para que todos os Clubs, podan integrarse e desenrolar de xeito autónomo o XOGALOITA.

Destacar e agradecer o esforzo de Rubén Méndez, Diego Pallares e Ramón García, na elaboración e regulamentación dos XOGOS e sobre todo na campaña de difusión deste proxecto pioneiro en España, que está sendo seguido moi de preto polas diferentes administracións públicas e centros educativos. Os tres técnicos do Club de Loitas Olímpicas de Vila de Cruces, non puideron achegarse a presentación no XII Congreso Internacional, pero temos que destacar a súa implicación e adicación a esta nova iniciativa que beneficiará a toda a familia das Loitas Olímpicas.

clausura escuelas 2016
Anterior

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOITAS OLÍMPICAS EN VIGO

Asamblea FELODA
Seguinte

ASAMBLEA FELODA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>