DeporteDeporte BaseEducación FíscaFederacionFegaloitaFormación

PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN

O grupo de traballo creado entre a Universidade de Coruña e a Federación Galega de Loita e D.A. recibe o premio, como mellor póster de investigación no IX Congreso Internacional de la Asociación Española de Ciencias del Deporte, celebrado do 21 – 23 de Abril en Toledo.

O grupo de investigación deportiva, no que traballan de xeito conxunto a Universidade de Coruña e a Federación Galega de Loita e D.A. foi o mais prolífico dos presentados o Congreso Internacional de Toledo. Tanto o Decano da Facultade de CC. Da Actividade Física e o Deporte (Coruña) o Dr. Xurxo Dopico Calvo, como o director do grupo de investigación, o Dr. Eliseo Iglesias Soler, dirixiron neste congreso o meirande éxito académico da nosa historia.
Tras o premio que recaeu no grupo de investigación, da man de Iván Clavel Sanemeterio, tamén obtivemos o recoñecemento como o grupo con maior número de presentacións científicas do congreso.
As investigacións presentadas polos membros da Federación Galega de Loita e D.A. no eido do rendemento deportivo e por outra banda, da financiación pública das Federación Deportivas, obtiveron un éxito unánime da crítica.
O traballo de investigación sobre o rendemento deportivo, tivo como obxecto o análise do grupo de Loitas Olímpicas becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Por outra banda, a base do traballo de financiación pública das Federacións Galegas e Nacionais, tivo por obxecto o seu análise económico dos 10 últimos anos en termos de eficiencia. Os autores de ambas investigacións, Iván Castro Seoane, Nicolás Castro Seoane, Eduardo Carballeria e Pablo Pintos Figueroa, seguen traballando na liña de rendemento deportivo do grupo de investigación da UDC.

Imaxe da competición
Anterior

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

Póster Torneo Internacional
Seguinte

12 DEPORTISTAS GALEGOS ACUDEN O TORNEO INTERNACIONAL "JÓVENES PROMESAS"

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>