ConcentraciónFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneo Internacional

POUCA SORTE PARA OS GALEGOS NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Os deportistas Galegos convocado pola selección nacional absoluta de Loitas Olímpicas, que participaron o 9 e 10 de Xullo, no Gran Premio de España de Loitas Olímpicas celebrado no pavillón exterior do CSD de Madrid, tiveron pouca sorte.

Sendo o Gran Premio a última competición oficial antes dos XXOO de Rio 2016, o nivel deportivo disparouse. Moitos deportistas clasificados para Río 2016, viñeron ata Madrid, para facer a última competición internacional importante, antes dos xogos, o que redundou no nivel deportivo. Proba de elo foi a categoría de Loita Feminina 75 kg, na que 14 das 17 participantes, están clasificadas para Rio 2016.

Os resultados dos deportistas Galegos convocados foi:

– 11º Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra) en 58 kg, Loita Feminina.

– 14º Noelia Lalín Canda (Club Keltio de Vila de Cruces) en 75 kg, Loita Feminina.

– 10º Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro) en 97 kg, Loita Libre Olímpica.

– 7º Nicolás López Gredilla (Club de Loita Lugo)  en 130 kg, Loita Grecorromana.

Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976), técnico nacional, destacou o nivel dos deportistas que asistiron o Gran Premio, indicando que «xa sabemos o camiño que temos que percorrer, os referentes internacionais de cada peso déronse cita en Madrid. Esta semana de concentración internacional no CAR de Madrid será moi importante para a preparación dos nosos deportistas».

Marcos Araujo web
Anterior

MARCOS ARAUJO, ARBITROU NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Deportistas Galegos web
Seguinte

13 GALEGOS CONCENTRADOS NO CAR DE MADRID

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>